10 KM XORNADAS MARISQUEIRAS 2013


Santi na cabeza de carreira
Fotografía: Serafin

Onte celebrouse no porto pesqueiro do Berbés en Vigo a IV edición da proba popular que durante estes últimos anos vense celebrando dentro do marco das xornadas de  promoción dos manxares do noso mar.

Nunha mañá soleada e cunha temperatura  optima para a práctica deportiva, 500 atletas tomaban a saída dunha carreira singular polo seu percorrido, o cal transcurriu intigramente polas instalacións do porto pesqueiro, pasando incluso no seu transcurso polo interior das lonxa.

A proba estuvo dominada polo corredor do New Balance Elías Domínguez e Alvaro Fervenza do Afllelou Narón, os cales impuxeron un forte ritmo enzarzándose nun man a man que se decantou nos últimos metros do lado de experimentado corredor do New Balance, o terceiro caixón do podio foi ocupado por José Antonio Ramallo do San Miguel de Marín.

Destacar a notable actuación do noso compañeiro Santiago López Rodriguez quen  acadou a posición da clasificación xeral e o da súa categoría; tamén representaron o noso clube Rafael Gutierrez Araujo e o novo atleta  Roberto Alonso Vázquez, que comenza na nosa famila este ano. .

 

Salientar o bo ambiente e a boa organización dos promotores da carreira.

Agradecemento a Roberto Alonso pola crónica.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *