Previa do fin de semana
Proba do duatlon escolar no 2008
fotografia: arquivo club
Mañá domingo 05 de Maio, o club organiza a Final Provincial de Duatlon Escolar nas rúas do concello.
Un novo reto para a directiva do club, que traballa para acercar o deporte os mais cativos do pobo e concellos limítrofes, aproveitando esta proba provincial o club organiza un proba popular para os colexios, con gran aceptación, para dar a coñecer esta modalidade deportiva do duatlon que combina a carreira a pe e a bicicleta.
A primeira proba arranca as 10:00 da maña, nun circuíto plano e vistoso para o publico
Despois de 4 anos dende a derradeira proba organizado polo noso club, este ano volveu tocar a celebración da final provincial.
Agradecer a colaboración do Concello do Porriño, Policía Local, Protección Civil e os numerosos voluntarios que fan posible este evento.
A xornada deportiva continua coa cita en Santiago de Compostela ca disputa do campionato Galego elite masculino/feminino de Duatlon Estrada, onde o club terá representación masculina con Kike Moran, Ismael Lago e Diego Pereiro. E feminina a María Martinez
Antes arrancara a proba popular onde o club terá a David Mariño, Saul Fernandez, Pablo Soto, Berto Dominguez, Felipe Mariño e Sandra Sobreira.
E sen esquecer a primeira edición do 10mil de Salceda onde o club tamén estará representado por atletas.
Sorte a todos eles e o mais importante e pasalo ben.