Iria no Campionato Galego Absoluto de Natación de Inverno

Iria no Campionato Galego Absoluto de Natación de Inverno

 

 

Os días 27, 28 e 29 de decembro de 2013, disputouse en Ferrol o Campionato Galego Absoluto de Natación de Inverno, onde tivemos a Iria Rodríguez Huertas competindo co Náutico de Vigo. Como ía algo corta de preparación, a súa adestradora inscribíuna en probas curtas: 50 libres, 100 libres e 50 braza. Tanto nos diferentes remudas coma nas probas individuais, rendiu a gran nivel, mellorando as súas marcas, incluso batindo a mellor marca galega de 14 anos de 50 libre con 27.51. Dicir que esta marca tiña nada menos que 20 anos, e estaba en posesión de Susana Garabatos (olímpica en Atlanta 1996), irmá de Yago, que adestra con nós no verán. O resto de marcas de 50 foron todas por debaixo de 28 segundos, quedando sexta absoluta a só 8 centésimas da medalla de bronce. En 50 braza foi 5ª, con 35.00, e 7ª en 100 libres con 1.00.73. Nadou tamén un par de veces máis o 100 libre nas remudas, sempre por debaixo de 1.01. Todas estas marcas válenlle para clasificarse para o Campionato de España Júnior, que se vai celebrar en Pontevedra do 27 de febrero ó 2 de marzo de 2014. Noraboa, e a seguir progresando.

Share this post