1ª Carreira Nocturna do Tea 2013

1ª Carreira Nocturna do Tea 2013

Esta fin de semana celebrouse a 1ª edición  da Carreira Nocturna do Tea, celebrada en Ponteareas e organizada polos nosos amigos Taninos Runners, quenes superaron con solvencia o estreo desta carreira, cunhas circunstancias meteorolóxicas un tanto adversas pola intensa calor destes días.

Tivemos representación do noso club nesta carreira. A representación a levamos ó máximo expoñente, posto que subimos a dous atletas ó podio: Diego Paz Sobreira (3º absoluto) e Yolanda Alonso Bargiela (3ª en féminas) quen tamén compartiu podio co seu tío e gañador da proba, Daniel Bargiela.

Carlos Vidal e Juan Carlos Vidal, fillo e pai, remataron a carreira entrando xuntos por meta no posto 12º e 13º respectivamente.

Marcos Fernández Carrera (18º), Iago Sobreira (23º), José Ángel Álvarez (23º), Venancio Paramos (54º), Miguel Novoa (58º), Diego Fernández (98º), Miguel Fernández (99º), Rafael Gutiérrez (147º), Irene Sobreira (144º) e Rajaá Rizki (145ª).

Yolanda Alonsos Bargiela e Diego Paz no 3º posto, xunto con  Silvia Rodríguez (1ª),  Daniel Bargiela (1º), Isabel García (2ª) e Pedro Nimo (2º).

Fotografía: De Taninos Runners fetia por xentileza de Xandra, quen fixo unha ampla reportaxe da proba.

 

Resultados da proba eiquí.

Queremos dar a noraboa á organización por facer esta proba dun xeito impecable.

Noraboa Taninos e a pola seguinte edición. Alí estaremos!.

 

 

Share this post