1º Triatlón Concello de O Porriño.

O sábado 25 de Mayo de 2013, será unha data a recordar para o noso club por moitos motivos. O primeiro, foi o soño cumplido de poder disputar unha proba de triatlón no Concello de O Porriño. O segundo, foi a gran participacion dxs nosxs triatletas que corrían na casa. Por último, demostrouse a capacidade de traballo voluntario que temos no noso pobo.

Participantes no mini triatlón matinal.

Fotografía Sthela (Porriño Virtual).

Dende as 10 da mañá, os voluntarios do  club (Alfonso Conde, Víctor Mouriño, Cristina Bugarín e aurora Sousa) foron colaboradores co Concello de O Porriño na o organizacion  do 1º Mini Triatlon Concello de O Porirño, onde 33 nenos xunto ás súas nais e pais puideron disfrutar das tres disciplinas do triatlon. Resultaron especialmente emotivas as probas de natación e o final da proba de bicicleta onde tódolos adultos arropaban á pequena Laura que foi quen de cubrir a distancia cunha bicicleta con rodiñas. Foi un éxito para nais, pais e sobre todo cativos.

 

Sector de natación en Tui na proba adulta.

Fotografía de Cristal.

Pola tarde era o turno dos nosos triatletas adultos. Despóis dun día longo de traballo, chegou un gran final, posto que Maria Martínez, unha triatleta do Club Atletismo Porriño que apreciamos moito, proclamouse campioa da proba absoluta feminina. Dominou a proba de principio a fin demostrando que a sua volta a competicion vai por bo caminño.O ten ben merecido!.

 

María Martínez proclamándose campioa da proba feminina.

Fotografía Sthela (Porriño Virtual).

 

María Martínez xunto xs triatletas que subiron ó podio.

Fotografía: Asun Monroy.

Levábamos unha ampla participación de triatletas, posiblemente a maior que se recorda no noso club. Participaron Quique Morán (10º na proba masculina), Diego Pereiro (24º),Ismael Lago (35º), Alfonso Conde (44º),  David Fernández Saavedra (47º), David Domínguez Mariño (55º), Sevi Vila (63º), Saúl Fernández (66º), Pablo Soto (71º), Miguel Novo (77º), Miguel Fernández Cruz (80º), Felipe Domínguez Mariño (95º), Alberto Domínguez (97º), Manuel Salgueiro (106º), José Carlos Gago (114º), Miguel Gil (122º), Pablo Regueira (146º), Ismael Pereira (156º),  Iván Reguera (177º), Jorge Álvarez (198º), Óscar Otero (213º), Santi Ferrada (217º). Na proba proba feminina participaban María Martínez (Campioa) e Sandra Sobreira (10ª).

A cara de felicidade de todxs elxs foi o mellor signo de que disfrutaron a carreira do seu pobo.

Esperamos que Xurxo, José Luis e Carlos Vázquez Vilar, volten á carreira canto antes. Se lles botou en falta. Moito ánimo coas lesións.

Noraboa para todxs elxs. Son xs mellores embaixadorxs do club.

Agradecementos polas fotografías: Sthela (Porriño Virtual), Cristal e Asun Monroy.

Fotos eiquí.

Clasificación eiquí.

 

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *