35º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través

O pasado domingo celebrouse o 35º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través, organizado polos compañeiros do Comesaña Sporting Club en San Andrés de Comesaña.

Iria Rodríguez Huertas encabezando o grupo de cadetes femininas.

Este ano foi un cross acompañado dun bo tempo  o longo da mañá, a exepción das primeiras carreiras que se disputaron cunhas temperaturas propias desta época; notábase o frío de primeira hora. O circuíto foi uns 400 metros máis longo ca noutras edicións, engadíndose un novo tramo. Caracterízase por ser o máis duro da cidade olívica, xa que conta con algunha que outra subida e baixada pronunciada e ten moitas curvas, ademáis de que sole estar cheo de barro; engádese a estas dificultádes, ter a forza necesaria para superalo.

Na primeira carreira do día, o Club Atletismo Porriño estivo representado por Iago Sobreira, que disputou un percorrido de 4.599 metros no que logrou alcanzar o difícil 5º posto xuvenil.

Iago nun momento da carreira xuvenil.

Na seguinte carreira estivemos representados por Jose Antonio Burgos, que rematou os 9.076 metros acadando o 40º posto da xeral masculina. Seguidamente correu Sandra Sobreira, finalizando os 5.983 metros n 5º posto na categoría promesa.

Burgos á dereita e Sandra Sobreira á esquerda.

Máis tarde deron paso as categorías menores, na que na proba David Burgos percorreu unha distancia de 3.692 metros acadando o posto 13º da categoría cadete. Nesta mesma categoría, nun circuíto de 2.000 metros representábanos Iria Rodríguez Huertas, que conseguiu completalo logrando o 1º posto.

Na categoría infantil feminina Laura Mazoy foi a nosa representante, que finalizou o percorrido de 1.186 metros no posto 24º. Na categoría alevín masculina que percorría a mesma distancia, Pablo Almeida rematou 4º e Nicolás Mazoy 8º. Na categoría alevín feminina Carla Guisande e Laura Alonso remataron 4ª e 6ª respectivamente nun percorrido de 907 metros. Por último celebrouse a carreira de benxamíns, que tiveron que completar 645 metros, nos que Álex Rodríguez e Iker Diz remataron 15º e 25º respectivamente.

Agradecemos ós compañeiros do Comesaña Sporting Club por brindarnos unha proba extraordinaria. Que prosiga por moitos anos!.

Podedes consultar eiquí os tempos.

 

Crónica: Sandra Sobreira.

Fotos: Sandra Sobreira. (Sinte moito non ter fotos dos máis cativos).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *