36º Cross Belarmino Alonso Vigo 2014

O domingo 30/11/14, celebrouse en Vigo o 36º MEMORIAL BELARMINO ALONSO. Estivo unha estupenda mañá, donde os atletas puideron disfrutar do sol que non acostuma aparecer nesta proba. As probas desenroláronse ó carón do río lagares, nun circuito enrevesado que foi acumulando barro a medida que pasaba a mañá, barro que á postre causaría algunha que outra pérdida de zapatillas.

os cativos antes das probas
os cativos antes das probas e Burgos escondido detrás Noa

O Club Atletismo Porriño presentouse cunha abundante representación en tódalas categorías conseguindo todos eles uns satisfactorios resultados.

Juvenil masculino:  Iago Sobreira García

Cadete femenino:  Carmen Bello Rodríguez

Infantil femenino:    Carla Guisande Vieito

Infantil masculino:   Pablo Almeida Seoane

Alevín masculino:   Alberto Álvarez Martín, Denís Castro Martínez e Xián Martínez Pereira

Alevín femenino:     Laura Alonso Gonzálex, Uxia Rodríguez Huertas, Noa Burgos Argibay e Naiara Dasilva Blanco

Ademais, Jose Antonio Burgos representou ó club na carreira senior.

Noraboa a todos eles

 

 

Crónica: Toni Alonso

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *