Archivos del Autor: Atletismo Porriño

Ábrese a inscrición para IX Milla Porriñesa “Festas do Cristo” 2018

O Concello de O Porriño, en colaboración co Club Atletismo Porriño, organiza a IX Milla Porriñesa “Festas do Cristo”, no centro urbano da vila, o venres 28 de setembro de 2018. O horario de comenzo das probas será ás 18:00.

Podedes consultar o regulamento, circuito e facer xa a vosa inscrición. É de balde. Animádevos!

Regulamento

Circuito

Inscrición individual

Comezo tempada 2018/2019

O vindeiro día 12 de setembro, mércores,  comezaremos nas instalacións do Polígono da Granxa (pistas) os adestramentos, excepto para xs adultxs que fagan nova licenza, que comezarán nas seguintes datas:

Atletismo adultos con nova licenza: 01 de novembro de 2018.

Triatlón adultos con nova licenza: 01 de xanerio de 2019.

O motivo polo que os atletas e triatletas adultos (non nenos) non poden comezar na data de inicio de actividade do club, é por cuestións de seguro deportivo.

 

Os nosos horarios son os seguintes:

Podedes consultar toda a info de cotas e servizos aquí.

Si queredes vir a adestrar connosco, cubrides este formulario de inscrición (pdf editable) e achégaste ás nosas instalacións no Polígono Industrial de A Granxa, na parcela 248A. Alí aclararémosche tódalas dúbidas que poidan xurdir e tramitaremos toda a documentación para dar de alta as licenzas federativas de Atletismo ou Triatlón.

Animádevos a vir connosco!!!.

Abertas as inscricións para a VIII Milla Porriñesa 2017

Xa podedes consultar toda a info e inscribirvos na Milla Porriñesa nas Festas do Cristo do Porriño. A carreira será o día 29 de setembro coincidindo co venres do “Recristo”. Percorrerase unha distancia de 1609 m. polo centro urbano de O Porriño.
Tamén haberá carreira para xs máis pequenxs de menos distancia. Estes últimos non necesitan inscribirse, tendo que estar na liña de saída á hora indicada para a súa carreira.
As carreiras son de balde.
Tedes toda a info aquí.
Animádevos a participar!!!.

Comezo de tempada 2017/18

O vindeiro día 11 de setembro, luns,  comezaremos nas instalacións do Polígono da Granxa (pistas) os adestramentos, excepto para xs adultxs que fagan nova licenza, que comezarán nas seguintes datas:

Atletismo adultos con nova licenza: 01 de novembro de 2017.

Triatlón adultos con nova licenza: 01 de xanerio de 2018.

O motivo polo que os atletas e triatletas adultos (non nenos) non poden comezar na data de inicio de actividade do club, é por cuestións de seguro deportivo.

 

Os nosos horarios son os seguintes:

Podedes consultar toda a info de cotas e servizos aquí.

Si queredes vir a adestrar connosco, cubrides este formulario de inscrición (pdf editable) e achégaste ás nosas instalacións no Polígono Industrial de A Granxa, na parcela 248A. Alí aclararémosche tódalas dúbidas que poidan xurdir e tramitaremos toda a documentación para dar de alta as licenzas federativas de Atletismo ou Triatlón.

Animádevos a vir connosco!!!.

Conferencia deportiva de Daniel Mouriño no Centro Cultural Municipal do Porriño

Os datos nas últimas Enquisas Nacionais de Saúde, mostran que preto do 80% da poboación non realiza a actividade física aconsellada para manter a saúde.

Na infancia e na xuventude, as persoas son máis activas, sen embargo hai unha porcentaxe elevada delas que non alcanza os niveis adecuados.

A escasa actividade física nestas etapas, non só é perigosa para a saúde, senón que conleva unha baixa forma física, unha menor autoestima e unha pobre imaxe corporal.

A sociedade actual non favorece a actividade física. As actividades cotiás están mecanizadas, noso traballo require menos esforzo e movemento e o noso tempo libre é menor e máis inactivo.

Destas e outras cuestións, falará o noso adestrador Daniel Mouriño Fortes, Licenzado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e Asesor de Motricidade Humana e Deportes de Resistencia, nunha conferencia que organiza o Concello do Porriño a través da Concellería de Cultura e que leva por nome “Pautas para alcanzar unha actividade física saudable”.

Será o vindeiro 19 de xaneiro ás 19 h. no Centro Cultural Municipal do Porriño.

Animádevos a asistir. Será moi instrutiva!.

Qué #Escusa tes para non vir a adestrar connosco este ano?

Si queres vir a adestrar connosco unha tempada completa polo morro, podes sumarte á campaña #EscusasAtletismoPorriño iniciada polo Club Atletismo Porriño.

En qué consiste?.

Tedes que enviarnos un vídeo co asunto #EscusasAtletismoPorriño ó noso email atletismo(arroba)atletismopor.com ou ben ó noso messenger de Facebook coa escusa que poñedes para non vir (ou vir) a adestrar connosco. Publicaremos tódalas escusas que nos vaian chegando no noso muro de Facebook. Quen máis “me gusta” consiga, terá a posibilidade de que a/o animemos a adestrar connosco toda esta tempada de balde, ben sexa en atletismo ou en triatlón.

Quenes poden participar?.

Calquera persoa maior de 5 anos.

Tamén está aberto para xs atletas do noso club!.

Prazo.

O prazo remata o día 22 de outubro. Ó día seguinte, publicaremos o nome da gañadora/or na web.

 

Gran papel do Club Atletismo Porriño na V Maratón da Coruña

O pasado domingo 17 de abril tivo lugar na cidade herculina o campionato galego de maratón, e nel participaron numerosos atletas do club (e arredores). Paralelamente, desenvolveuse a proba de 10 km, na que tamén houbo representación da Louriña, grazas a Mónica e Sandra

A mañá presentábase sorprendentemente despexada (logo dos prognósticos da semana e da chuvia do sábado, que non agoiraban nada bo), sen vento e cunha temperatura ideal para correr. Reunímonos na zona da saída, en torno ao Obelisco e fixemos a foto de rigor para, acto seguido, despois de desexarnos sorte e facer algunha broma, partir á aventura: correr 42 km e 195 m, repartidos en tres voltas, polas rúas da Coruña.

IMG-20160417-WA0020O grupo casi ao completo. Falta Isaías.

A saída foi puntual e transcorreu sen atascos, a pesar de que saïamos na parte de atrás, polo que non tardamos en coller o noso ritmo (eu fixen case toda a carreira con José Ramón, un “ex” do club). Co paso do tempo as rúas comezaron a encherse de xente, agás na zona do porto, e a animación ía a máis, cun público entregado e con grupos musicais polo paseo marítimo. A verdade é que a primeira parte da carreira pasoume voando, charlando con Jose e animando aos compañeiros nas zonas nas que nos cruzabamos: Jesús Martínez, concentrado, pero moi enteiro; Manu e Esteban apiñados coma sardiñas no grupo de 3.30; Irene, sempre sorrinte e espontánea; Nando, co seu paso metódico e regular; Jesús Amieiro, ao final con cara de canso; e Carlos, con ritmo tranquilo pero aguantando.

Pero a medida que pasan os quilómetros o famoso “muro” fai a súa aparición gradual e comezan a pesar as pernas. Así, no km 34 Jose e mais eu separámonos e tirei un pouquiño por diante del, desexando a cada pouco chegar ao avituallamento (había cada 5 km). Na zona do porto vin a Esteban, que se descolgara do grupo de 3.30 e animeino a que me seguise. Así o fixo ata que unha cambra o fixo parar. Axudámolo a estirar Jose (que xa me alcanzara) e mais eu, e reanudamos a marcha, xa cada un como podía ata a meta, na praza de María Pita, onde estaban Mónica e Sandra animando e sacando fotos (moito lles temos que agradecer a súa presenza constante entre o público dende que acabaron o 10.000, aplaudindo e dando ánimos). O avituallamento final non estivo mal, aínda que as bebidas isotónicas estaban frías de máis, o que provocou algún pequeno “susto” coa indisposición dun compañeiro, pero sen consecuencias.

O éxito dos representantes do club foi total. Por que? Pois porque acabamos todos, e ese é un obxectivo moi razoable nunha carreira destas características.

Ademais, por se fose pouco, Irene Sobreira alzouse como campioa galega de maratón na súa categoría (posto 146 na xeral), cun tempo neto de 3:48:51.

IMG-20160417-WA0054

O resto dos resultados do campionato galego son os seguintes (os tempos que se citan son netos):

Jesús Martínez foi 126º na xeral e 22º na categoría Vet40 cun tempo de 3:14:12

image003

Manu Fernández foi 310º na clasificación global do maratón (el non corría o campionato) e 55º na categoría Vet45 cun tempo de 3:27:32

IMG-20160417-WA0039

Un servidor foi 122º na xeral e 13º na categoría Vet50 cun tempo de 3:35:44

IMG-20160417-WA0036

Nacho Louriño foi 441º na xeral global e 97º na categoría Vet40 cun tempo de 3:40:20

20160419213936

Esteban González foi 133º na xeral e 40º na categoría Vet40 cun tempo de 3:41:27

IMG-20160417-WA0044

Nando García foi 162º na xeral e 17º na categoría Vet50 cun tempo de 4:04:58

IMG-20160417-WA0015

Jesús Amieiro foi 169º na xeral e 36º na categoría Vet35 cun tempo de 4:15:41

IMG-20160417-WA0053

Carlos Álvarez , escoltado na última volta polo gran Isaías Burlido, foi 179º na xeral e 50º na categoría Vet40 cun tempo de 4:26:42

20160419213825

Unha mágoa que non puidésemos estar presentes todos os que comezamos coas tiradas longas… Acordámonos moitísimo de Lito, Jose, Daniel e do gran Venancio!.

Carreira de 10 km

 

Polo que comentaron despois, Mónica e Sandra tiveron diferentes valoracións da carreira: Mónica Pena amosábase satisfeita, obtendo un tempo neto de 00:48:18 (12ª na súa categoría e 587ª na xeral), mentres Sandra Sobreira fixo unha carreira por debaixo das súas posibilidades, obtendo un tempo de 00:49:28 (586ª na xeral e 21ª na súa categoría).

monicaFoto de La Voz de Galicia

sandra2Foto de La Voz de Galicia

E, como remate, tivemos a ocasión de contar as nosas “batalliñas” nun xantar en común que fixemos no mesón A Roda. Cansos, pero contentos.

IMG_8543

 

Fotos: Mónica Pena e La Voz de Galicia

Crónica: Paco Conde

Agradecementos da XI Carreira Xóvenes Atletas

CARTEL XI XOVENES ATLETAS 2016_grazas por vir

Queremos agradecer enormemente ó traballo desinteresado de toda a xente do noso club, que unha vez máis, pegáronse un madrugón de mil demonios para estar ó pé do canón a cooperar. Así da gusto!.

Non menos agradecementos merecen xs nosxs patrocinadores. Sin eles, non sería posible entregar algo de avituallamento para xs nenxs, nin uns premios tan chulos!.

Supermercados Froiz
Gadis
Eroski
Cafetería Maloserá
Perruquería José vila
Xoiería Covelo
La Hora del Bokatha
Hiper Porriño
Construccións Hermanos Veiga
Materiais de Construcción Carballeira
Granitos cabaleiro
Artesanía Candán
Grupo Godoy maceira

E sin estes outros, sería moi difícil, por dicir que imposible, organizar esta proba:

Concello de Porriño
Cruz Roja
Protección civil de o Porriño
Policía local
Xquatro Espectáculos

Moitas grazas a todxs, por todo… Para o ano agardamos que nos visitedes de novo!.

Graciñas por vir.

 

Iria Rodríguez Huertas subcampioa galega de 800 ml en Pista Cuberta

Celebrouse na fría mañá do sábado, en A Coruña, nas pistas de Riazor, o Campionato galego Xuvenil en Pista Cuberta, agás probas de 1500 e 3000 ml.. Iria Rodríguez Huertas participou na proba de 800 ml, e nunha moi disputada carreira, logrou acadar a segunda posición, xusto por detrás da favorita e medallista de España Elba Vélez. Iria fixo un tempo de 2.21.91, 27 centésimas máis que a gañadora. Este tempo serviralle a Iria para asistir nun par de semanas ó Campionato de España de PC de Salamanca, pero a Concentración da FETRI imposibilita a súa participación. Novamente, o Club Atletismo Porriño dá que falar polo bo facer dos seus e das súas atletas.

IMG_1970

Crónica e foto: José Antonio Rodríguez.