Category Archives: Sin categoría

Voltamos!!

Logo do ben merecido descando de verán voltamos á rutina dos adestramentos o venres día 10 de setembro, como tódolos anos coincidindo co inicio do colexio,  nas instalacións do Polígono da Granxa (pistas).

Lembrade que de momento os adestramentos son o luns, mércores e venres a partir das 18:30.

En breve haberá modificacións incorporando, se nos deixan, os adestramentos de piscina.

E para todos aqueles que queredes iniciar unha nova actividade connosco, convidámosvos a vir nesas horas polas instalacións ou vos poñades en contacto por correo electrónico, móbil ou redes sociais.

Vémonos para a semán!!!

Suspensión de Adestramentos por mor do COVID-19

Por mor da situación extraordinaria que se está producindo coa evolución do COVID-19 nas últimas horas, tócanos actuar con responsabilidade para axudar a minimizar os riscos na medida do posible, e seguindo as recomendacións das distintas administracións públicas e das Federacións Deportivas á situación de crise sanitaria na que se atopa a contorna, suspendemos tódolos adestramentos ata novo aviso.
Un saúdo.

Ábrese a inscrición para X Milla Porriñesa “Festas do Cristo” 2019

Concello de O Porriño, en colaboración co Club Atletismo Porriño, organiza a X Milla Porriñesa “Festas do Cristo”, no centro urbano da vila, o venres 27 de setembro de 2019. O horario de comenzo das probas será ás 17:00.

Podedes consultar o regulamento, circuito e facer xa a vosa inscrición. É de balde. Animádevos!

Regulamento

Circuito

Inscrición individual

Clasificacións As Agüiñas. Diego Salgueiriño 2019 – Xóvenes Atletas

Boa noite a todos.

Este ano estreamos circuito obrigados polas circunstancias das obras nas nosas instalacións. Coma resultado, esta mañá atletas de tódalas idades participaron nun mini Trail de 5 km, con serpenteantes subidas e baixadas, onde os espectadores disfrutaron tanto coma os participantes.

Grazas a tod@s por acompañarnos, celebrando o deporte en homenaxe ao noso compañeiro Diego.

Deixámosvos as clasificacións por categorías e esperamos que repitades a experiencia o próximo ano.

MOITAS GRAZAS E FELIZ VERÁN!

Clasificacións:

Carreira Absoluta

Cadetes Masculino

Cadetes Feminino

Infantil Masculino

Infantil Feminino

Alevín Masculino

Alevín Feminino

Benxamín Masculino

Benxamín Feminino

Prebenxamín Masculino

Prebenxamín Femenino

Pitufos Masculino

Pitufos Feminino

 

”WINTER IS COMING”

  

Domingo 27 de Xaneiro, atletas madrugadores desafían a noite no albor do día.

Sono e frío fan mella n@s pequen@s e non tan pequen@s. Agardaba unha ruta de 130 minutos pasando por Ripam Avia (Ribadavia), Aquae Urente (Ourense) e Saxa Intercisa (Montefurado) ata chegar a vila de A Rúa.

Nos agardaba o campionato Galego de campo a Través, Memorial Alejandro Lorenzo reservado para as categorías sub 10, sub 12 e sub 14.

Moito frío, ceos anubrados e choiva intermitente. Magníficas vistas no circuito habitual na zona, piso brando na maioría do percorrido e un par de zonas máis duras que non impedían a utilización de zapatillas e cravos curtos.

Comeza a andadura as 10:40 a categoría sub 10 cunha distancia de 0,8 km. Boa carreira de Tomás (ata uns minutos antes estaba en dúbida por unha dor nun nocelo) cun tempo de  3’13” e tamén de Aarón cun tempo de 3’33”.

Seguiron os sub 12 a percorrer unha distancia aproximada de 2 km onde Xabier fixo 8’26” e Laureano 9’29”. Queda mencionar que o pai de Xabier lle dixo que regulase por ser distancia longa, tanto regulou que rematou cun super sprint de 200 mtrs. E tamén Laureano se queixou das zapatillas de cravos, tamén lle dixo o seu pai que as puxera e non lle foi ben. (Benditos pais, si morderan a lingua…, mellor non que igual morrían envenenados…)

Primera participación de mulleres do clube na categoría sub 14 a percorrer unha distancia de aproximadamente 2 km. Uxía rematou cun tempo de 8’21” e María 9’46”. Uxía quedou contentísima pola mellora personal e María progresa no seu esforzo por abrir cada vez máis esa zancada. Superación persoal. Bravo rapazas.

Quenda das seguintes mulleres, categoría sub 16 cunha distancia de 2,7 km. Noa e Carmen sempre cun sorriso fixeron 11’07” e 11’29” respectivamente.

Última rapazada, categoría sub 16 masculina, a percorrer unha distancia de 3,9 km. Parella inseparable, super colegas, Carlos e Álex.  14’19” para o primeiro e 14’48” para o segundo. Bo traballo e satisfacción nas suas facianas.

Grandes tod@s @s rapaz@s do clube por disfrutar, sufrir, xogar e pasar outro domingo de convivio.

Pero claro, antigamente, igual que na actualidade, os tronos non se adquirían por merecemento, si non por autoridade divina e moral. Por autoridade moral adquiriron o trono do  I Campionato Galego de Campo a Través de relevos mixto o equipo formado por Patricia, Salgueiriño, Inma e Burgos. Décima posición oficial cun tempo total de 34’26”, sobre unha distancia de 7,8 km, aproximadamente 2 km por posta. Equipazo cunha media de idade de máis de 10 anos que o resto de equipos. Satisfacción personal de cada un deles por ter superadas con creces as súas expectativas. Bravo polo equipo, un exemplo a seguir. Patricia e Inma…¡¡BRAVAS!!

Que se prepare o reino. ”Atletismo Porriño is coming”