Voltamos!!
Logo do ben merecido descando de verán voltamos á rutina dos adestramentos o venres día 10 de setembro, como tódolos anos coincidindo co inicio do colexio, nas instalacións do Polígono da Granxa (pistas).
Lembrade que de momento os adestramentos son o luns, mércores e venres a partir das 18:30.
En breve haberá modificacións incorporando, se nos deixan, os adestramentos de piscina.
E para todos aqueles que queredes iniciar unha nova actividade connosco, convidámosvos a vir nesas horas polas instalacións ou vos poñades en contacto por correo electrónico, móbil ou redes sociais.
Vémonos para a semán!!!