40º Cross Coutada Beade

40º Cross Coutada Beade

Este domingo 10 de Abril celebrouse o 40º cross Coutada-Beade no que participaron 9 dos nosos rapaces.

Parte da representación do club en Beade.
Parte da representación do club en Beade.

A maña estaba moi desapacible con moita choiva e vento. Pero xunto a hora das carreiras saiu o sol e non choveu nadiña.

A maña rematou coa entrega de trofeos, un sorteo de premios e voltando a chover con moita forza.

Na clasificación houbo de todo Isaías Gil e Noa Burgos remataron 1º; Pablo Almeida e Laura  González 2º; Sabela Guisande 3ª; Uxia Bautista e Anxo Gil 4º; Daniel Philippon 8º e por último Xacobe Porto 10º, todos nas súas respectivas categorías.

Crónica: Marga Argibay

Foto: Marga Argibay

Share this post