Author - Club Atletismo Porriño

Suspéndese a Carreira de As Agüiñas

Por consenso, a Diretiva do Club Atletismo Porriño, decidimos suspender a edición deste ano da Carreira de As Agüiñas. Despois da inesperada morte do noso queridísimo compañeiro Diego, non nos quedan demasiados ánimos para proseguir coa celebración da nosa carreira grande. Sopesamos a posibilidade de seguir na súa honra, porque estamos seguros que a él non lle molaría nada que...

Dor

Neste club non sabíamos o que era golpear no chan dun xeito tan brusco e inesperado. Hai caídas leves, pero hai outras que deixan moitísima dor. A nova que recibimos hoxe toda a familia do Club Atletismo Porriño, vai a deixarnos tendidos no chan durante un longo tempo, un tanto aturdidxs, con moitas feridas no corpo. Estas son feridas de...

Ábrese a inscrición para a VIII Carreira de As Agüiñas

Acabamos de habilitar unha pestana na páxina web, no marxe dereito, para que vos podades anotar á carreira que organizamos tódolos anos no noso club, a Carreira de As Agüiñas. Será a VIII edición que celebraremos o día 17 de maio (Día das Letras Galegas) nas instalacións do Club Atletismo Porriño, no Polígono de A Granxa (O Porriño), a carón do...

Carreira de San Telmo 2015

O domingo 12 de Abril tocou correr en Tui, na carreira de San Telmo 2015 organizada polo club atletismo Tui-Thermalia. A carreira de adultos arrancou as 10:30 dende a emblemática rúa Corredeira,  con máis de seiscentos participantes. Nunha mañán espléndida para  correr entre amigos. Numerosa a participación do noso club nesta proba. Circuito a dúas voltas (6500mtrs), que percorria a primeira parte...

1ª Milla Solidaria Anemia de Fanconi de Nigrán

O sábado 28 de febreiro, nun dia de moita choiva, celebrouse en Nigrán a 1ª Milla Solidaria Anemia de Fanconi. Na categoría infantil feminina, Carla Guisande Vieito acadou a terceira posición cun tempo de 3 min 29 seg e Laura Mazoy García, a séptima posición cun tempo de 3 min35 seg na distancia 1km. Na categoría alevín, tanto Laura Alonso González cun...

Campionato Galego Escolar de Campo a Través en Ourense. Xogade

O 21 de febreiro celebrouse o Campionato Galego de Campo a Través en Ourense. Tres eran as representantes do Club Atletismo Porriño que coseguiron chegar ó Campionato Galego. Na categoría infantil feminino, Laura Mazoy García rematou na novena posición cun tempo de 9 min 36 seg. Na categoría alevín feminino Laura Alonso González acadou a décima posición cun tempo de 7...

Resultados X Xóvenes Atletas 2015

Estes son os resultados definitivos da X Carreira Xóvenes Atletas 2015: Clasificación Alevín Feminino Clasificación Alevin Masculino Clasificación Benxamin Feminino Clasificación Benxamin Masculino Clasificación Cadete Feminino Clasificación Cadete Masculino Clasificación Infantil Feminino Clasificación Infantil Masculino Clasificación Pitufos Feminino Clasificación Pitufos Mascuñino Clasificación Prebenxamin Feminino Clasificación Prebenxamin Masculino Clasificación Alevín Feminino  

X Carreira Xóvenes Atletas en O Porriño

O Club Atletismo Porriño coa colaboración do Concello de O Porriño, organiza a “X CARREIRA XÓVENES ATLETAS O PORRIÑO”, que se celebrará o día 01 de marzo de 2015, a partires das 10:30 horas no centro de O Porriño. Esta carreira está organizada para rapacxs nados entre os anos 2000 e 2012. Temos unha novidade para a carreira deste ano, posto que...

56 GP Pedestre do Nadal (Carreira do Pavo) de Vigo

O domingo 21 de decembro celebrouse en Vigo o 56 GP PEDESTRE DO NADAL (Carreira do Pavo) , nunha mañá soleada . A nosa participación non foi moi abundante, pero os  que foron fixéronse notar. Nas categorias menores,  participaron na carreira de alevín feminino, Laura Alonso González e Uxia Rodríguez Huertas quedando primeira e cuarta respectivamente. Na carreira absoluta na que venceron...

III Cross popular do Xamón de A Cañiza

Onte tivo lugar na Cañiza o III Cross popular do Xamón, organizado polo Concello de A Cañiza máis a agrupación Cabaliños do Demo, facendo una labor de nota máxima. A señal de saída deuse as 10:00 da mañán nas inmediacións da piscina municipal, da que poderíamos disfrutar todos os participantes o rematar a proba. O circuito disputouse sobre una distancia de...