Carreira de San Telmo 2015
O domingo 12 de Abril tocou correr en Tui, na carreira de San Telmo 2015 organizada polo club atletismo Tui-Thermalia.
A carreira de adultos arrancou as 10:30 dende a emblemática rúa Corredeira, con máis de seiscentos participantes. Nunha mañán espléndida para correr entre amigos. Numerosa a participación do noso club nesta proba.
Circuito a dúas voltas (6500mtrs), que percorria a primeira parte da carreira polo casco antigo da vila e a segunda polo paseo a carón do Rio Miño e volta a empezar sen antes subir unas cincuenta escalóns que fixeron as delicias dos participantes ante de finalizar cada volta.
As 11:30 comenzaron as carreiras dos máis cativos, con moi boa participación onde as emocións e anécdotas foron a tónica.
Noraboa o club atletismo Tui-Thermalia polo gran traballo.
Crónica: Víctor
Fotografía: Romina.