Exitosa participación do Club no Campionato Galego de Triatlón

Exitosa participación do Club no Campionato Galego de Triatlón

Iria Rodríguez Huertas e Borja Conde Figueroa campións galegos nas súas categorías en triatlón menores e triatlón cross respectivamente.

O Domingo día 18 de Xullo disputáronse os campionato galegos de triatlón de menores e triatlón cross contando con moi boa participación dos atletas do Club de Atletismo Porriño. No campionato galego de triatlón de menores, na categoría Alevín Feminina, o primeiro posto foi para a xoven promesa Iria Rodríguez Huertas (Club Atletismo Porriño) por diante de Aroa Freije Torneiro (Cidade de Lugo Fluvial) e Alicia Vila Gallego (Triatlón Arcade). Foi no campionato galego de triatlón cross onde se conseguiron maiores logros, tras proclamarse Borja Conde Figueroa como campión galego absoluto e o Club Atletismo Porriño como campión de Clubs tras a boa actuación de Andrés López Torres (primeiro posto veterán masculino) e Enrique Morán González.

Share this post