Archivos del Autor: Atletismo Porriño

Final Galega de Duatlón Escolar

Onte, sábado, a maior parte da chavalada do club achegouse ata Portosín (A Coruña) onde se celebraba a Final Galega de Duatlón Escolar nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.

Énchenos de satisfacción ver que o club vai funcionando autónomamente en canto á participación e colegueo da xente que  se move ata as probas. Cremos que isto é o máis chungo e o imos conseguindo ós poucos!.  Hai que recoñecerlles este esforzo tanto ás nais e pais como ós propios rapaces que se achegan ata probas.

Aínda que conseguiron quedar campións e subcampións, tanto individuais como de grupo, cremos que o realmente interesante é o bo rollo no ambiente!.

Alegrámonos moitísimo por elxs e polo seu adestrador Fonsete, que é un encanto de tipo!.

Noraboa!.

BnWG9_NIQAAyoUl.jpg large

Benxamín:

  1. Mercedes Vila (Tri-Penta Terras de Lugo) e Alejandro Rodríguez (Tríatlon Ferrol).
  2. Laura Alonso (Atletismo Porriño) e Nicolás Filloy (Arcade Inforhouse).
  3. Claudia Gámez (Tri-Penta Terras de Lugo) e Brais Picón (Dexter Compostela)

Club campión: Tri-Penta Terras de Lugo (feminino) e Atletismo Porriño (masculino)

Alevín:

  1. Cinthia Costas (Atletismo Porriño) e Martiño Iglesias (Dexter Compostela).
  2. Elsa Pena (Atletismo Porriño) e Andrés Prieto (Fogar da Xuventude).
  3. Nayeli Iglesias (Tríatlon Concello de Maside) e Esteban Basanta (Cidade de Lugo Fluvial).

Club campión: Atletismo Porriño (F) e Dexter Tríatlon (M)

Infantil:

  1. Raquel Ruíz (Tríatlon Ferrol) e Arturo Ramos (Dexter Compostela).
  2. Carmen Bello (Atletismo Porriño) e Daniel Ríos (Tríatlon Ferrol).
  3. Andrea Pérez (Mar de Vigo) e Abel José Fuentes (Tríatlon Ferrol).

Club campión: Mar de Vigo (F) e Tríatlon Ferrol (M).

Cadete:

  1. Rebeca Carnota (Fogar da Xuventude) e Pablo Muñoz (Dexter Compostela).
  2. Lorena Iglesias (Cidade de Lugo) e Marcos Ruiz (Tríatlon Ferrol).
  3. Cristina Torres (Mar de Vigo) e Alejandro Pardo (Fogar da Xuventude).

Club campión: Tríatlon Ferrol (F) e Fogar da Xuventude (M).

 

Crónica: Club Atletismo Porriño e algún copia – pega a Fegatri (Federación Galega de Triatlón)

Fotografía: Sacada da conta de @victormourinofo

Suspéndese o Duatlón Escolar de O Porriño ata novo aviso

DUATLON_SUSPENDIDO (Large)

Lamentablemente, temos que anunciarvos a suspensión do Duatlón Escolar de O Porriño previsto para o domingo 27 de abril por causas totalmente alleas a nós.

A ver cómo explicamos isto sin que non pareza algo pouco serio….

Hai uns días anuncíabamos a proba do Duatlón Escolar en O Porriño. Xa non nos gustou anunciarvos a data tan tarde, posto que é peor para que as nais/pais poidades organizarvos ben cos vosos fillos, ademais non permite ter unha elevada afluencia de rapaces (algo que entendemos vital), e por último, a nós fastídianos os plans que teñen que ver coa organización, cartelería, aviso a seguros, e difusión da proba en xeral….de verdade que é un auténtico curre!.

Ben é certo que pola nosa conta, decidimos facer un duatlón paralelo (digámolo así) dentro da Final Provincial Xogade que permitiría a participación das rapazas e rapaces da zona, que aínda que non viñesen clasificados da liga Xogade, puidesen pedalear e correr un pouquiño…nada máis!. A nosa intención sempre é que a xente probe este tipo de disciplinas, lle perda o medo e non se converta nun coto pechado de catro frikis. Por isto fixemos a difusión polas redes sociais, páxina web e vía email.

O feito do aviso tardío, debeuse a que para organizar toda a proba, chegounos tarde o aviso da data da Final Provincial Xogade dende os organismos: Xunta – Deporte Escolar ( Xogade). Cando dicimos tarde, é moi tarde!. Nós como club, solicitamos sempre a inicio de tempada a celebración deste evento na nosa zona, e por iso entramos na organización puntual desta Final Provincial.  Dentro das nosas competencias, estaba a de advertir como organizadores a Xogade como organizador principal, da necesidade dunha ambulancia que atendera os posibles percances na proba, e así o fixemos. Hoxe, xoves pola mañá, a tres días da proba, recibimos unha chamada de Xogade comunicándonos que era imposible conseguir unha ambulancia para o domingo e que a Final Provincial de Duatlón Escolar queda aprazada ata novo aviso (descoñecemos as datas).

Atentamente,

Club Atletismo Porriño.

Despois de tres anos, volta a VII Carreira de As Agüiñas

Xa hai tres anos da derradeira edición da Carreira das Agüiñas. Foi o 08 de maio de 2011 cando parou o pulso desta carreira por mor dunhas obras de execución dun vial ó carón das nosas instalacións, causa que ademais de afectar a esta carreira, tamén afectou no planning de adestramentos. Tentamos facer a VII edición no ano 2012, pero as instalacións estaban impracticables. A verdade é que estivemos no club un tanto tocadxs anímicamente!.

FINAL AZUL_LOW

Cando se toca fondo tan só queda mellorar, así que decidimos poñer todo o noso empeño en recuperar o pulso desta carreira. Debémolo á anterior diretiva, posto que é un proxecto que consolidaron con solvencia ano tras ano. Nesta carreira logrouse chegar a xuntar ata a 1.000 participantes entre cativxs e adultxs, priorizando sempre na participación dxs máis pequenxs, que foi o fío conductor dende a primeira edición.

A VII Carreira As Agüiñas será o día 18 de maio nas Instalacións do Club Atletismo Porriño no Polígono de A Granxa (O Porriño), a carón do EKO AMA e o CTAG. Como ven sendo habitual nesta carreira, primará o carácter estrictamente popular. Non imos realizar unha carreira de moito orzamento, primeiramente porque non podemos, e de segundo, porque non responde á nosa filosofía de club. Estamos na obriga moral de tratar isto como o que é, atletismo popular. Así naceu, e así debemos continuar o proxecto.

Anticipamos que a carreira será de balde. Entendemos que por correr non podemos cobrarlle un duro á xente, e polo tanto, botaremos as horas que sexan necesarias enriba disto para que así sexa!. Non vos esperedes unha carreira cronometrada con chip, camiseta na chegada, e todo tipo de detalles. Será unha carreira sobria neste aspecto, o que non quita que sexa unha carreira seria e feita con cariño. Tomaremos nós mesmos os tempos, levaremos a secretaría, e daremos unha botella de auga e si podemos unha peza de froita. Tentaremos coidar todo tipo de detalles, ese é o plan. Sempre o fixemos así, e xs participantes nunca se queixaron, polo tanto, o seguiremos facendo mentras teñamos ganas e forzas.

Hai unha novidade que imos a cumplir escrupulosamente, e é que a xente que se anote a esta carreira e non faga acto de presenza, será descalificada para as posteriores edicións, non puidendo participar na proba nunca máis. Isto é moi doado de controlalo, e polo tanto o aplicaremos sen nengún pudor. O motivo é que despois de sopesar moitas opcións que eviten o desplante de última hora moi habitual nas carreiras onde non se cobra, decidimos que cada quen debe ser responsable dos seus actos. Pregámosvos que do mesmo xeito que este grupo fai un tremendo esforzo na organización, fagades o mesmo esforzo en planificar a asistencia á proba. De non ser así, e antes de que remate o prazo de inscrición, avisade á organización da non presenza. Entendemos que deixando as inscricións abertas ata o día 15 de maio non debería ser problema.

Por último, pedimos que comentedes e difundades esta carreira entre xs vosxs amigxs, clubs, anpa, colexios, asociacións, etc, para isto, teremos habilitada unha pestana no menú principal da páxina web.

Animádevos a paticipar para que esta carreira volte a recuperar o pulso que perdeu anos atrás!.

Inscricións

Regulamento

Circuito

Cómo chegar?

 

Duatlón Escolar O Porriño 2014

DUATLON

Paralelamente á Final Provincial de Duatlón Escolar que se vai a celebrar en O Porriño o vindeiro domingo día 27 de abril ás 16:00, imos a abrir unha participación nunha proba paralela para que tódalos cativos e cativas que queiran, poidan probar esta modalidade.

INSCRICIÓNS:

Enviar o nome, apelidos, data de nacemento e DNI a: triatlon@atletismopor.com

CATEGORÍAS:

  • BENXAMIN: 2005-2004
  • ALEVÍN: 2003-2002
  • INFANTIL: 2001-2000
  • CADETE: 1999-1998

HORARIOS:

A partires das 15:00 horas, entregarase a documentación ó carón da Casa da Cultura ós pais/nais ou colexios (dorsais, plano, etc).

Saída e chegada: Rúa Domingo Bueno (a carón da Casa da Cultura)

  • Saída categoría benxamín as 16:00
  • Saída categoría alevín as 16:20
  • Saída categoría infantil as 16:50
  • Saída categoría cadete as 17:30
  • Hora de remate das probas as 18:45

 

DISTANCIAS A PERCORRER
Benxamín 500 m 2.000 m bicicleta 250 m
Alevín 1.000 m 4.000 m bicicleta 500 m
Infantil 1.500 m 6.000 m bicicleta 750 m
Cadete 2.000 m 8.000 m bicicleta 1.000 m

 

CIRCUITO:

CIRUCUITO_LOW

Mini Trail en Lestedo

O sábado pasado disputouse unha carreira de montaña en Lestedo, que subía ata arriba do pico sacro, percorréndose unha distania total de 9 km.

Foi pola tarde e notábase a calor. Esta carreira caracterízase polas súas fermosas vistas e sobre todo polas súas fermosas subidas, notándose con diferencia o final do kilómetro 6, que dispón da parte máis pronunciada, onde é preciso votar as máns o chan e, nos últimos metros, a unha corda que servía de axuda para acadar a cima, onde agardaba auga fresquiña e ánimos de moita xente, ademáis da sensación de saber que só quedan dous kilómetros fáciles de baixada. A carreira remataba debaixo dunha carpa onde había filloas e biscoitos para todos, un verdadeiro recibimento para os corredores

A única representante do club foi Sandra Sobreira, que acadou o 4º posto feminino.

Crónica: Sandra Sobreira.

Fotografía: Juan Doval.