Campeonato galego en Pista Benxamín, Alevín e Infantil

O pasado sábado 13 de xuño celebrouse, nas pistas de A Malata (Ferrol), o campeonato galego en pista das categorías benxamín, alevín e infantil.

Na categoría infantil, Carla Guisande acadou o sexto posto nos 1000 m.l. cun tempo de 3:27.

Na categoría alevín, Laura Alonso acadou o séptimo posto nas dúas probas que realizou nestes campeonatos. O 60 m.l. e o 500m.l. donde unha caída coido que lle impediu conseguir un mellor resultado.

Na mesma categoría, Diego Rodríguez acadou o noveno posto en lanzamento de peso mentres que se proclamou subcampeón galego de salto de altura cunha marca de 1,33 m.

Diego, no segundo escalón do podio.
Diego, no segundo escalón do podio.

Na categoría benxamín teño que mencionar a ausencia de Álex Rodríguez por un erro de comunicación. Podería ter acadado uns bos resultados neste campeonato, pero coido que tendrá máis oportunidades.

Noraboa a todos eles!

Crónica: Alfonso Conde

Fotos: Juanjo Rodríguez

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *