Campionato de España de Campo a Través individual e por CC.AA Cadete e Xuvenil.

O domingo 21 de febreiro de 2016, disputouse en Burgos o Campionato de España de Campo a Través individual e por CC.AA Cadete e Xuvenil. Representando a Galicia e ó Club Atletismo Porriño, tiñamos a Iria Rodríguez Huertas participando na categoría Xuvenil Feminina. Un bonito e rápido circuito, cun percorrido de 4.000 metros, no que aguantou coas favoritas case toda a carreira, finalizando nunha meritoria novena posición, a mellor das galegas, cun tempo de 13.51. Por equipos nesta categoría, quedaron na quinta posición.

burgos
Iría en el grupo de cabeza de categoría cadete

A posición acadada ten máis mérito aínda se temos en conta que Iria non preparou específicamente a proba nestas últimas semanas (de feito, o venres fixo 42 km en bicicleta). A semana pasada participou e gañou nunha proba de Nada e Corre, hai dúas semanas participaba coa Selección Galega de Natación no Campionato de España por CC.AA. en Oviedo, axudando ó equipo para conseguir a 4ª praza na categoría Xúnior Feminino e 4ª praza total Infantil e Xúnior, e hai tres semanas fixo unha toma de tempos da FETRI, acadando a mellor puntuación de toda España na categoría cadete e tamén da xuvenil, motivo polo que está convocada a unha Concentración Youth esta fin de semana na Residencia Blume de Madrid. O obxectivo deste ano, a pesares de todo, é seguir mellorando tanto en carreira coma en bici e nadando.

Crónica : José Antonio Rodríguez

Fotografía: José Antonio Rodríguez

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *