Campionato Galego en pista por equipos Alevín masculino

Campionato Galego en pista por equipos Alevín masculino

O pasádo sábado, oito rapaces do club, viaxaron a Ribeira a participar nesta modalidade totalmente nova para nós.  O único obxectivo co que se partía era o de pasalo ben, e coido que o conseguimos.  O campionato consistía en 9 probas, onde sólo un cativo podía representar ó seu clube, sumando puntos para a posterior clasificación xeral.

A mañá comezaba cos concursos de salto de altura e salto de lonxitude. Na altura representabanos Diego Rodríguez. Foi un concurso emocionate, dos que fan afición. Ver ós seus compañeiros e pais, animando nas vallas, mentras Diego pasaba de altura en altura á primeira, no seu estreo na modalidade, foi moi ilusionante. Ó final, unha magnífica segunda posición cunha marca de 1,27 m.

IMG-20150525-WA0010
Diego, nunha tentativa

Mentras Diego concursaba na altura, Gonzalo Gallego o facía na lonxitude. Outro estreo, que se fixo notar nos resultados, de menos a máis para acabar cunha marca de 3,60 m.

Estos istres foron un pouco tolos, xa que tanto Gonzalo coma Diego, participaban en dúas probas que se solapaban. Mentras Diego corría pola herba do campo de fútbol de lado a lado, coas zapatillas na mán para intercalar un salto cun lanzamento de peso (onde acadou a cuarta posición), Gonzalo  non quitaba ollo da recta de meta xa que entre salto e salto tocaríalle facer un 60 ml, acadando a oitava posición.

Gonzalo no transcurso dos 60ml
Gonzalo no transcurso dos 60ml e algúns compañeiros animando

A media mañá sería o turno de Alberto Álvarez e Nicolás Mazoy nas probas lisas.  Alberto participou nos 500ml mentres que Nico o fixo no 1000. Ámbolos dous deron todo o que puideron para tentar sumar o maior número de puntos, pois según avanzaba a mañá, os rapaces tiñan maior ilusión por facelo o mellor posible.

Alberto durante os 500 ml
Alberto durante os 500 ml

A continuación, Álex Salgueiriño foi o representante no concurso de pelota. Outro estreo na modalidade que se saldou  cunha novena posición cun lanzamento que rondaría os 20 metros. Especial mérito o de Álex, pois as nocións que tiña da súa proba eran nulas, nin o adestrou.

Ás 13:00 horas, Carlos Bautista arrincaba na proba de 2 km marcha. Outro atleta máis que participaba por primeira vez nunha das probas do día pero motivo que non se fixo notar, pois despois de 4 das 5 voltas, Carlos estaba a facer unha magnífica carreira. Mágoa dunha pequena rozadura que lle fixo perder dúas posicións na última volta para rematar na sexta posición.

Carlos, marchando
Carlos, marchando

Para finalizar a mañá, disputábase o relevo 4 x 60 m con Denís Castro, Xián Martínez, Alberto Álvarez e Álex Salgueiriño formando equipo. Conseguiron o segundo posto na súa serie, na primeira vez que facían unha proba por relevos.

Unha vez rematada a mañá atlética, os rapaces repuxeron forzas mentras esperaban á publicación dos resultados. Ó final, unha magnífica cuarta posición empatados cos terceiros, ante equipos de gran índole como o Vila de Cangas, Ría de Ferrol, Ourense, AVA,…

Os rapaces, o conductor e mais eu repoñendo forzas
Os rapaces, o conductor e mais eu repoñendo forzas

Alrededor das 15 horas, comezaba o viaxe de volta, co obxectivo mais que cumplido, coido que tanto os adultos, coma nenos, coma min o pasamos estupendamente, e aínda por riba, conseguiron un magnífico resultado. Esperamos voltar a un campionato coma este, pois creo que foi unha experiencia moi positiva como club.

Agradecer a Jose Salgueiriño por levar o furgón do club onde os rapaces puideron disfrutar da viaxe en equipo.

Crónica: Alfonso Conde

Fotos: Miro López

Share this post

Comment (1)

  • mariayelenaerundina

    Si señor,un gran equipo,una gran familia.Muy bien chicos.Enhorabuena por la competicion.Bravo por Xose y Fonsete

    27/05/2015 at 15:28

Comments are closed.