Campionato Galego Xúnior – Xuvenil e Promesa de Pista

Celebrouse nas pistas de Balaidos (Vigo) este domingo, 5 de xuño, o Campionato Galego Xuvenil-Xúnior e Promesa de Pista ó Aire Libre. Representando ó Club Atletismo Porriño tiñamos a Iria Rodríguez Huertas, participando na proba dos 1.500 ml. Dado o número de particípantes nas diferentes categorías, decidiron facer unha única proba conxunta.

En total, 11 rapazas tomaron a saída. Desde o principio, formouse un grupo de 5 que levarían o ritmo de carreira, entre as que estaban, ademáis de Iria, Eva Cid, Laura Santos, Uxía Pérez e Claudia Blanco. Pasaron o 800 xuntas en 2.32, e o 1000 sobre 3.10. Iria ía un pouco encaixonada, e de feito tiña previsto dar un cambio de ritmo nese momento, pero non foi ata o 300 final cando puido buscar un oco para escaparse cun cambio brutal, que apenas puideron seguir o resto do quinteto, agás Laura Santos, que entrou a un segundo de Iria.

Iria, no máis alto do podium
Iria, no máis alto do podium

O tempo final, 4.41, non está nada mal, pero aínda ten bastante marxe de mellora. O obxectivo sería poder baixar de 4.37, mínima para participar no Campeonato de Europa.

Crónica e foto: Jose Antonio Rodríguez

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *