Archivos de la categoría: NOVAS

Final de Nada e Corre de Riveira 2014

Este domingo celebrouse na provincia de A Coruña, na localidade de Ribeira (Riveira en Riveirense), o Campionato Galego do Nada e Corre 2014, no que participou como representante do club Elsa Pena Vicente, acadando o subcampionato galego na categoria de alevín cuns tempos de 100m nadando de 1.21.06 (club Codesal), e correndo 500 m. en 1.34.78 (club Termalia Tui)

Noraboa, Elsa e a seguir disfrutando do deporte!!.

 

A canteira continua con boa saúde
Fotografía: Alberto Pena

 

 

Crónica: Alberto Pena

A CRISIS NOS DEIXA SEN UN TRILEIRO VETERAN

 

O luns día 10 deste mes, o club perde un dos seus máis veteranos da sección de triatlón, Jose Luis Castro Conde váisenos traballar a Hungría.
Esperamos que sexa un ata pronto e que volte canto antes para poñernos a todos en fila no sector da bici.

 

Este ano, marchou correndo pa casa despois da cea de Nadal do club…. Non fai falla que veñas correndo de Hungría que ti es capaz!.

 

 

Un abrazo trilero

Da Famila do club

DUATLON ESTRADA DE GUITIRIZ 2014

 

 

Alberto Domínguez nunha proba de duatlon da tempada 2013
Foto: Arquivo club

 

Este sábado 1 celebrouse na localidade lucense de Guitiriz a 2 proba puntuable para o circuito Galego de duatlon de Estrada.

Ata ali desplazaronse 6 integrantes dos nosos “Trileros” Sandra Sobreira e María Martínez na categoría femenina, Sergio Pérez Boente en cadete masculino e a nova incorporación, Brais Misa xunto con Ismael Lago e Alberto Domínguez que ó facian na categoría Elite.

O día estivo marcado pola adversidade da climatoloxia, con choiva constante que viña acompañada de vento e moito frío, que fixo especialmente dura esta proba.

Empezaba a xornada ca proba sen tempo de corte, donde participaba Sergio Pérez Boente, que cun tempo de 1:11:27 clasificabase 7º da súa categoría. As sensacións para Sergio foron bastante boas, posto que non pudo adestrar moito neste último mes por atender os estudios, e que o primeiro é o primeiro.

As 17:20 daba comenzo a proba femenina que supuña a Volta a competición “trilera” de María Martinez, que clasificaría 4ª despois dun grande sector de bicicleta e demostrando que está a facer ben os deberes e que nos vai dar moitas alegrías este ano. Sandra Sobreira faria unha grande carreira clasificándose 3ª sub-23, que ten moito mérito posto que o día non estaba para os deportistas nos que a bicicleta  non  e o seu forte.

10 min. mais tarde da salida femenina, comezaba a proba Elite. O noso novo integrante, Brais Misa loitou polos postos de honra demostrando que despois de un periodo de inactividade conserva gran parte da forma que tivo a principio de temporada, ainda que os obxetivos están lonxe e queda traballo por diante, ainda así clasificaría nun 8º posto e con moi boas sensacions. Isma Lago fixo moi bo primeiro sector de carreira a pe e atopabase loitando  nos grupos cabeceiros  no sector de bicicleta cando unha avería obligoulle a abandonar. Alberto Domínguez acababa cumplir o seu obxetivo de pasar o tempo de corte na sua primeira participación nun duatlon Elite e clasificouse no 41º , acabando moi satisfeito.

Na categoría de mulleres non clasificábamos por equipos o contar so con duas participantes e teñen que rematar 3 para clasificar por equipos. Na categoría masculina clasificamos no 12 lugar.

Quedan as probas de Lugo e Vedra, aparte do campeonato Galego. Pouco a pouco iránse sumando mais trileros a participar nestas probas e teremos moito Rock&Roll.

 

Crónica: Alberto Domínguez

(Actualización) as fotos de Asun Monroy podedes consultalas eiquí.

CAMPIONATO GALEGO DE DUATLÓN CROSS 2014

Santiago Romero de Cancun a Lugo.
Fotografía: Ana Bugarín

 

O domingo disputouse o Campionato Galego de Duatlón Cross en Santa María Alta, en Lugo, organizada polo club de Btt Correcaminos. Unha única carreira de onde sairía o campión galego da modalidade.

A proba estivo disputada ata o final, onde se resolveu na carreira a pé. Tanto o primeiro coma o segundo clasificado estiveron adestrando no circuíto o día anterior para preparar o asalto ó titulo.

O circuíto de carreira a pé pódese considerar sen dúbida un minitrail de dúas voltas: 1500 mtrs. de suba e 1500 mtrs. de baixada.

O circuíto non defraudou a ninguén. Nótase que detrás do percorrido estaba un club que coñece a modalidade Btt. Circuíto duro e técnico pero á vez moi fermoso e divertido. Noraboa ao Club Correcaminos.

A nosa participación foi numerosa e  entretida.

Jose Salgueiriño rematando a seu primeiro duatlon
Fotografía: Ana Bugarín

 

Comenzou coa quedada ás 6:00 h. para colocar as bicicletas no remolque que Almunia 08 deixounos para este desprazamento.

O camiño que eliximos para chegar á proba foi o longo, pola ruta turistica. Case estivemos a punto de ter que baixar do furgón para desenganchar o remolque para poder maniobrar un xiro  co furgón. Qué dificil se fan ao principio estes xiros!. O sangue finalmente non chegou ao rio grazas ós numerosos Gps que atoparon unha saída cara adiante (que risas nese momento!). O condutor chegou a estresarse nese punto.

A carreira, tal e como comentamos antes, disputouse nun sitio moi fermoso pero nada adaptado ás necesidades da proba a nivel loxistico e organizativo. Transicción estreita, pouco aparcadoiro e sen duchas para a finalización da proba. Sorte que o tempo acompañou para que estes detalles fosen menores.

O club estivo representado por 8 participantes ( José Salgueirño, Kike Morán, Santiago Romero, David Alonso, Iván Reguera, Abel de Barros, Diego Salgueiriño e Víctor Mouriño) máis 6 fans ( Cristal, Eva, Ana, Vane, Brain, e Ángela) que non pararon de animar nas distintas fases da carreira.

Foi outra participanción notable do club, con 3 trileros clasificados entre os 32 primeiros postos da xeral, o que valeu un 4º posto por club nunha modalidade que estamos empezando a promover entre os trileros do club. O barro, de momento, asusta un pouco pero a xente vaise animando, como o caso de José Salgueiriño que debutaba no duatlon, e nas súas declaracións comentou que  pasouno coma un neno pequeno.

A nivel individual outra grande actuación de kike Morán (8º) na xeral, seguido de David Alonso que gozuo da súa 29″ cun magnifico posto (29º). A continuación chegaron Víctor Mouriño (32º), Diego Salgueirño (40º), Abel de Barros (47º), Santiago Romero (67º), José Salgueiriño (68º). Iván Reguera tívose que retirar por problemas físicos nos xemelgos. Unha mágoa!.

Por este ano acabouse o barro. En breve estaremos de novo a dar guerra nesta modalidade!.

 

Kike Moran despedindo cun soriso a tempada 2014
Fotografía: Ana Bugarín

Grazas a todos por representar o club con deportividade e compañeirismo.

Crónica: Victor Mouriño

Fotografías: Ana Bugarin.

 

 

Nada e Corre 2014

Elsa na proba de natación
Fotografía: Alberto Pena
Este sábado celebrouse a segunda proba  clasificatoría do programa Nada e Correr, que consiste en nadar unha distancia na piscina e despois unha carreira a pe coa suma dos dous tempos faise a clasificación final da proba.
O club estivo representado por  Elsa Pena, nesta nova edición do Nada e Corre 2014, nun día frio e chuvioso.
Comenzo moi bo o da tempada, nadando os 100 m cun tempo de 1:21,79 despois tocoulle correr os 500 m no que fixo un tempo de 1:39,85, acadando a 2ª posición na xeneral con tempo total de 3:01,64, asi logrouse clasificar para o campionato galego deste ano que se celebrará o día 9 de Marzo en Riveira.
Contentisima co resultado e con gañas de mellorar se é posible a sua seguinte participación.
Crónica: Alberto Pena

 

VIII Duatlón Cross Concello de Poio 2014

 

David Alonso entrando en meta
Fotografía: Eva Duran

Hoxe tocaba despedir o final do circuito de dúatlon cross, despois de catro probas todas elas baixo condicións climaticas moi complicadas, o sol quixo ser espectador da quinta e derradeira proba a disputadar en Samieira (Poio).

A proba de Samieira ten a fama de ser técnica. Malia o sol que acompañou a proba, as choivas desta semana deixaron o circuíto embarrado e complicado, o que quedou reflectido nas continuas caídas que se produxeron no sector da bici.

O gañador da proba foi Marcos Maio quen certificou a súa vitoria no circuíto. Na categoría feminina a gañadora da proba foi Lorena García. O club estivo representado por Enrique Morán, que realizou unha tempada fantástica, conseguindo unha vitoria e entrando no top 10 nas tres probas que participou. David Alonso que debutou co club este ano,  tivo unha gran regularidade, acabando as cinco probas do circuíto. E por ultimo José Manuel Rodriguez Caramés, quen nos demostra cada dia que o máis importante é querer facer o que che gusta.

E por suposto non esquecer a Ruben Sío, Abel de Barros, Miguel Fernández, Diego Salgueiriño, Iván Regueira, Santiago Ons (Piru), Felipe Domínguez, Isidro Domínguez, Alberto Domínguez Lemos e José Luis Castro. 

Tempada para gardar na memoria do club, pola alta participación e polo podio conseguido en Maside. O vindeiro domingo péchase a tempada de cross coa disputa do Campionato Galego, de onde salirán os campións deste ano.

Seguro que teremos unha boa representación na proba.

DUATLON CROSS DE CANDEÁN 2014

 

 

Os representantes do club en Candeán

 

A disputa do duatlon cross de Candeán, estivo condicionada un ano máis pola climatoloxía. Hoxe domingo disputábase a cuarta proba do circuíto galego, no monte Vixiador, en Candeán (Vigo).

A proba arrancou ás 11:15 coa carreira de 6 km, en dúas voltas ao percorrido de continuas subas e baixadas embarradas que facían difícil manterse en pé.
Os noventa e catro participantes conseguiron chegar a coller a bici na transición para percorrer os 20 km, en tres voltas, nun trazado de dificultade alta, complicado máis polo vento e a chuvia; proba diso foron os numerosos abandonos, a maioría por problemas mecánicos pero tamén os houbo por caídas de importancia.

Ao último sector só chegaron cincuenta e oito superviventes; algúns dos cales, viviron momentos de angustia porque tiñan síntomas de conxelación nas mans e non eran capaces de desabrochar os cascos, nin calzar as zapas para saír a correr os 2750mtrs finais para rematar a dura proba.

O noso club estivo moi ben representado con Quique Moran, David Alonso, Diego Salgueriño, Santiago Ons que remataron a proba a cruz tócalle a Rubén Sio, que unha avaría mecánica o obrigou a abandonar.

Agradecer aos fans do noso club polo apoio dado en toda a proba ata alí achegáronse Gíl, Maria Martinez, Eva, Irene Sobreira e Iago Sobreira.

Porriño sube ao podium no “Lúatlon” solidario do Grove

O Grove, 02/02/2014

O Grove organizou un importante dúatlon que acadou cifras de participación inesperadas. Máis de 900 inscritos ateigaron o porto do Grove neste domingo, tinxido de vermello pola marea de varias decenas de persoas voluntarias e membros da organización que portaban a equipación do evento, en memoria de Luis Miguel Figueiro Romay (coñecido por familiares e amigos como “Lú”, de aí a denominación de “Lúatlon”). No ambiente podíase respirar o carácter solidario e popular, que combinado coas ganas de levar esta novidosa proba adiante, fixeron desta unha xornada entrañable.

A vocación deste dúatlon era o de achegar o maior número de deportistas a participar, polo que se organizaron probas de esixencia variada para que todos os (du)atletas atoparan o seu lugar. O lúatlon “enano” (para cativos), o lúatlon (1’25 km-5 km-1’25 km), o lúatlon mini-sprint (2 km-10 km-1 km) e o lúatlon sprint (5 km- 20 km- 2’5 km) foron os retos presentados nun circuíto desenvolvido á beira do mar que percorría a zona portuaria de punta a punta, chan, rápido e algo esvaradizo por mor da choiva, que non deixou de ameazar ao longo da mañá.

 

Doris, Sandra e Iván.

Doris Fernandes debutou na modalidade “lúatlon” facendo unhas tranquilas carreiras a pé e unha bici moi cómoda na que puido recuperar moitas posicións, o que lle permitiu rematar con moi bo ánimo e desfrutar desta primeira experiencia. Pola súa banda, na modalidade “mini-sprint” David Alonso fixo unhas carreiras a pé moi resoltas, equilibradas cun traxecto en bici que lle permitiu acadar o 2º posto na clasificación masculina. Na categoría “sprint”, Iván Reguera amosou gran enteireza de principio a fin, resolvendo moi ben a carreira a pé e facendo tamén unha bici rápida. Rubén Sío fixo unha demostración de velocidade moi importante, tanto na carreira a pé coma na bicicleta, aproveitando a cualidades do circuíto. E finalmente, Sandra Sobreira fixo unha boa bici e unha excelente carreira a pé coa que puido destacar, acadando o 2º posto na clasificación feminina. Parabéns a tod@s!

Grazas a Irene Sobreira polo apoio loxístico, polos ánimos e as fotos.

Asinada: Doris Fernandes, coa aportación dos comentarios dalgúns participantes

Fotos: Irene Sobreira e Doris Fernandes. Eiquí

Aviamandu Concello de O Carballiño 2014

 

Parte da representacion do club na proba
Fotografía: Asun

 

Hoxe 7 triatletas do club (Isma, Abel, Iago, Michi, Sergio, Pablo e Carames) animáronse a inaugurar a tempada oficial de dúatlon de estrada na ourensana localidade de O Carballiño. O día presentábase frío (a pesar da calor que transmite Michi conducindo) e chuvioso (sobre todo pola auga acumulada na furgoneta que tan amablemente nos mollou ó arrancar), o cal, xunto coa orografía típica da provincia pronosticaban un circuíto complicado. Afortunadamente, a choiva respectou ós competidores durante todo o percorrido (só o chan mollado en bicicleta e algún tramo embarrado correndo perxudicaron ós triatletas) e o sol fixo tímidas aparicións, o cal agradecemos moito, sobre todo no tramo de bicicleta no que moi poucos valentes se animaron a realizalo sen luvas.

A saída presentouse moi rápida pois o primeiro quilómetro era case todo costa abaixo, pero o percorrido a pé (dúas voltas sobre un circuíto exacto de 5 km) gardábanos unha sorpresa final en forma de dura suba por un pequeno bosque algo embarrado, que se fixo bastante duro ao finalizar a segunda volta deste primeiro tramo de carreira. Todos os representantes do club fixeron un tempo magnífico nesta primeira parte, co cal empezamos animados o sector de bicicleta, que ademais, tamén comezaba cun pequeno chairo e unha rápida baixada para, na segunda parte deste, recuperar a altura perdida. Así durante catro voltas, coa típica formación de grupetas nas que abeirarse.

Máis rápido do esperado e sen o frío previsto, remataba este sector de bici para concluír o dúatlon cunha volta ao circuíto anterior pero en sentido contrario, no que se notaron as pernas cargadas, típicas destas primeiras competicións de tempada. Como sempre, todos rematamos moi contentos por realizar outra competición, destacando o extraordinario noveno posto de Ismael Lago (nunha carreira na que os primeiros clasificados tiñan un nivel elevado) e tres novos podios en categoría cadete para Iago (2º) e Sergio (3º), e en veteranos 2 un magnifico Carames conseguí o (3º) nunha categoria que demostra que as ganas moven montañas.

Crónica: Pablo Soto

Fotografías: Asun Monroy Eiquí

Clasificacións: Eiquí.

Duatlón Cross de Maside 2014


Quique Moran no peldaño máis alto

Fotografía: Alberto Domínguez

Din que os pronósticos ou estadísticas están para rompelas, e así fixo o noso “trilero” Enrique Morán no día de hoxe no duatlón cross de Maside, terceira proba puntuable para o circuito galego. Quique Moran vencía hoxe en contra de todas as previsións, acadando así un importante triunfo para o Atletismo Porriño.

O club desprazou a 8 trileiros á localidade de Maside para o duatlón cross que se celebraba hoxe. Mañá gris cunha temperatura boa para a práctica deportiva e na que a choiva deunos unha tregua; aínda que amenazaba, non fixo acto de presenza.

Circuito duro o de Maside, que ainda sendo apto para rodadores, acumulaba moito desnivel. Se ben o primeiro sector da carreira a pé de 6km. iniciábase en sentido descendente durante 1,2 km., o tramo intermedio de monte percorríase en continuo sube e baixa, facendo finalmente o paso por meta noutra ascensión de 1 km aproximadamente. Neste primer sector, Elpidio González sería o que mandaría con autoridade.

O sector de bicicleta iniciábase en subida durante casi un kilometro, para despois meterse no monte para afrontar un circuito bastante duro técnicamente onde especialistas do Btt e as bicicletas de 29” foron o referente. Neste sector o dominador sería Marcos Mayo, ainda que o noso “trilero” Quique Morán tiraría da súa incontestable raza ciclista para pegarse ó líder da proba e pegar o ataque definitivo no último sector de carreira e levarse a victoria.

O último sector de carreira faríase ó inverso que o primeiro, así o que antes se baixaba agora había que subilo. Así remataba a proba cunha ascensión de 1,2 km que co cansancio acumulado durante a proba, fíxoo extremadamente duro.

A expedición porriñesa a Maside, atopábase chea de ledicia ó enterarse da victoria de Quique Morán. Estando nesas terras, so se podería celebrar cunhas tapiñas de polbo, que sentan de maravilla cando se fai na armonía que ten este grupo.

Parabéns a Rubén Sío, Alberto Domínguez, Abel De Barros, Felipe Domínguez, Diego Salgueiriño, David Alonso, Isidro Domínguez e Jose Luís Castro.

 

Agradecer a Michi, Bea, Eva, Santiago Romero e jose Salgueiriño por desplazarse ata Maside para acompañarnos e darnos folgos.ç

Crónica: Alberto Domínguez

Fotografía: Alberto Domínguez