Category Archives: Sin categoría

”WINTER IS COMING”

  

Domingo 27 de Xaneiro, atletas madrugadores desafían a noite no albor do día.

Sono e frío fan mella n@s pequen@s e non tan pequen@s. Agardaba unha ruta de 130 minutos pasando por Ripam Avia (Ribadavia), Aquae Urente (Ourense) e Saxa Intercisa (Montefurado) ata chegar a vila de A Rúa.

Nos agardaba o campionato Galego de campo a Través, Memorial Alejandro Lorenzo reservado para as categorías sub 10, sub 12 e sub 14.

Moito frío, ceos anubrados e choiva intermitente. Magníficas vistas no circuito habitual na zona, piso brando na maioría do percorrido e un par de zonas máis duras que non impedían a utilización de zapatillas e cravos curtos.

Comeza a andadura as 10:40 a categoría sub 10 cunha distancia de 0,8 km. Boa carreira de Tomás (ata uns minutos antes estaba en dúbida por unha dor nun nocelo) cun tempo de  3’13” e tamén de Aarón cun tempo de 3’33”.

Seguiron os sub 12 a percorrer unha distancia aproximada de 2 km onde Xabier fixo 8’26” e Laureano 9’29”. Queda mencionar que o pai de Xabier lle dixo que regulase por ser distancia longa, tanto regulou que rematou cun super sprint de 200 mtrs. E tamén Laureano se queixou das zapatillas de cravos, tamén lle dixo o seu pai que as puxera e non lle foi ben. (Benditos pais, si morderan a lingua…, mellor non que igual morrían envenenados…)

Primera participación de mulleres do clube na categoría sub 14 a percorrer unha distancia de aproximadamente 2 km. Uxía rematou cun tempo de 8’21” e María 9’46”. Uxía quedou contentísima pola mellora personal e María progresa no seu esforzo por abrir cada vez máis esa zancada. Superación persoal. Bravo rapazas.

Quenda das seguintes mulleres, categoría sub 16 cunha distancia de 2,7 km. Noa e Carmen sempre cun sorriso fixeron 11’07” e 11’29” respectivamente.

Última rapazada, categoría sub 16 masculina, a percorrer unha distancia de 3,9 km. Parella inseparable, super colegas, Carlos e Álex.  14’19” para o primeiro e 14’48” para o segundo. Bo traballo e satisfacción nas suas facianas.

Grandes tod@s @s rapaz@s do clube por disfrutar, sufrir, xogar e pasar outro domingo de convivio.

Pero claro, antigamente, igual que na actualidade, os tronos non se adquirían por merecemento, si non por autoridade divina e moral. Por autoridade moral adquiriron o trono do  I Campionato Galego de Campo a Través de relevos mixto o equipo formado por Patricia, Salgueiriño, Inma e Burgos. Décima posición oficial cun tempo total de 34’26”, sobre unha distancia de 7,8 km, aproximadamente 2 km por posta. Equipazo cunha media de idade de máis de 10 anos que o resto de equipos. Satisfacción personal de cada un deles por ter superadas con creces as súas expectativas. Bravo polo equipo, un exemplo a seguir. Patricia e Inma…¡¡BRAVAS!!

Que se prepare o reino. ”Atletismo Porriño is coming”

Cross Andrés Abanqueiro 2017

Domingo 17 de Nadal de 2017. O parque de Castrelos clarexa baixo o branco da xeada nocturna, un frío que te cagas. E iso que non fomos dos máis madrugadores, arribamos sobre as 10:20.

Nos agardaba o XVII cross Andrés Abanqueiro 2017. Chegabamos a tempo para o comezo das probas.

Darían comezo as 10:30 ca categoría Infantil Feminina na que participou María, auténtico sputnik cunha gran saída, a ver quen a para si mantivese o ritmo os seus 1.615m .

10:45  continua o espectáculo , Carlos, que é de Ponteareas ainda que pareza de Bilbao, (nin pantalón nin camiseta térmica) e Diego que ía máis abrigado, (ande yo caliente, ríase la gente) correron os seus 1.821m.

Tras eles a organización nos deu unha tregua, mentres os cadetes corrían sen interese pola nosa banda, a que aproveitou o super entrenador Fonso, alias “agotador”, que nos honrou ca súa presencia, as últimas indicacións os  seus sempre atentos discípulos.

11:30  Catro alevíns amazonas se dispoñen a dalo todo durante 1.205m. Gran traballo de Nerea adaptándose a competición nas suas primeiras carreiras,  a Sabela e Uxía como son tan amables se ían dando paso unha a outra, “pasa ti, non pasa ti, ti diante por favor, ti jolín” e por último  Elena fixo un carreirón.

11:40 Laureano e Rodrigo se dispuñan a asaltar 1.615m. como alevíns. Laureano comezou con moita forza o que lle serviu pra ter unha boa renda no resto da carreira e acadar un posto máis que meritorio. Rodrigo correu a pesares de ter algunha molestia de última hora, non era o seu día, pero o fixo que é o que importa.

AS 11:55 percorrerían o circuito duro de castrelos, debido a escasa choiva, Leire, Elisa e Naiara. 646 m. de sorrisos , da gusto.

Leire, sempre sorrinte
Naiara facendo unha gran carreira

12:05 sigue facendo frío, non pra Tomás e Xabier, ainda non pararon dende que chegaron. Proba de resistencia pra @s nais e pais, pra eles 646m. Unha cousa queda clara, o dan todo. Entrega total.

Xabier a galope
Tomás coa súa habitual cara de sufrimento

Xa con algo de retraso, pasadas as 12:20 entran en acción Adrián, Humberto e Bruno pra pechar o concurso do clube. 440m que pensabamos que eran lisos. Bruno nos demostrou que non, caeu a rebolos na saida, se levantou, tocouse a cabeza pra comprobar que todo estaba no seu sitio e a seguir. Remata a carreira e mira o seu xeonllo, desta volta leva as dúas mans a cabeza e espeta: ”¡rompí el pantalón!”.

Bruno, repoñendose da súa caída

            Fría e soleada mañá na que os nenos, sufriron, correron, disfrutaron e xogaron na coñecida carreira do “perrito caliente”, pequena recompensa que fai felices a grandes nenos.

O groso do grupo facendo os preparativos para a carreira

 

Crónica: Damián Bautista

Fotos: Patricia Estévez

Abertas as inscricións para a VIII Milla Porriñesa 2017

Xa podedes consultar toda a info e inscribirvos na Milla Porriñesa nas Festas do Cristo do Porriño. A carreira será o día 29 de setembro coincidindo co venres do “Recristo”. Percorrerase unha distancia de 1609 m. polo centro urbano de O Porriño.
Tamén haberá carreira para xs máis pequenxs de menos distancia. Estes últimos non necesitan inscribirse, tendo que estar na liña de saída á hora indicada para a súa carreira.
As carreiras son de balde.
Tedes toda a info aquí.
Animádevos a participar!!!.

Comezo de tempada 2017/18

O vindeiro día 11 de setembro, luns,  comezaremos nas instalacións do Polígono da Granxa (pistas) os adestramentos, excepto para xs adultxs que fagan nova licenza, que comezarán nas seguintes datas:

Atletismo adultos con nova licenza: 01 de novembro de 2017.

Triatlón adultos con nova licenza: 01 de xanerio de 2018.

O motivo polo que os atletas e triatletas adultos (non nenos) non poden comezar na data de inicio de actividade do club, é por cuestións de seguro deportivo.

 

Os nosos horarios son os seguintes:

Podedes consultar toda a info de cotas e servizos aquí.

Si queredes vir a adestrar connosco, cubrides este formulario de inscrición (pdf editable) e achégaste ás nosas instalacións no Polígono Industrial de A Granxa, na parcela 248A. Alí aclararémosche tódalas dúbidas que poidan xurdir e tramitaremos toda a documentación para dar de alta as licenzas federativas de Atletismo ou Triatlón.

Animádevos a vir connosco!!!.

AVIAMAN 2017

 

Un año más los trileros del atletismo Porriño nos dirigimos a Leiro, para mi la primera vez pero con ganas desde hace unos años.
Día nublado perfecto para correr. Poco a poco van llegando los deportistas a recoger los dorsales, calentar y mentalizarse para meterse en el río Avía(no tan fría esta vez).
A las 9:00 se daba la salida, con más de 20 deportistas de nuestro club, 1200m de natación tranquila por la falta de corriente.
Después tocaban los duros 64 km de bici subiendo hasta Xaratos(buenas vistas aunque cuesta disfrutarlas), donde pude ver las moscas de las que hablaba Michi el año pasado…
En este segmento se empieza a perfilar la cabeza de carrera masculina, donde estaban tres de nuestros deportistas, Quique Morán, Moi Leboso y Ramón Troncoso.
Al terminar ésta bici, que te deja las piernas bonitas… 14 km a pie bordeando el río, entorno muy bonito con gente animando a lo largo del circuito.
Finalmente los chicos del club quedaron primeros por equipos, en la absoluta masculina Quique 1º y Moi 3º, María 1ª femenina y premios de sector para Manu en la natación, Moi en la bici y Quique en la carrera a pie.
Gran triatlón con muy buen ambiente.

Crónica: María Martinez

Fotografías: Irene Sobreira

fotos Aviaman 2017

 

Conferencia deportiva de Daniel Mouriño no Centro Cultural Municipal do Porriño

Os datos nas últimas Enquisas Nacionais de Saúde, mostran que preto do 80% da poboación non realiza a actividade física aconsellada para manter a saúde.

Na infancia e na xuventude, as persoas son máis activas, sen embargo hai unha porcentaxe elevada delas que non alcanza os niveis adecuados.

A escasa actividade física nestas etapas, non só é perigosa para a saúde, senón que conleva unha baixa forma física, unha menor autoestima e unha pobre imaxe corporal.

A sociedade actual non favorece a actividade física. As actividades cotiás están mecanizadas, noso traballo require menos esforzo e movemento e o noso tempo libre é menor e máis inactivo.

Destas e outras cuestións, falará o noso adestrador Daniel Mouriño Fortes, Licenzado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e Asesor de Motricidade Humana e Deportes de Resistencia, nunha conferencia que organiza o Concello do Porriño a través da Concellería de Cultura e que leva por nome “Pautas para alcanzar unha actividade física saudable”.

Será o vindeiro 19 de xaneiro ás 19 h. no Centro Cultural Municipal do Porriño.

Animádevos a asistir. Será moi instrutiva!.

Qué #Escusa tes para non vir a adestrar connosco este ano?

Si queres vir a adestrar connosco unha tempada completa polo morro, podes sumarte á campaña #EscusasAtletismoPorriño iniciada polo Club Atletismo Porriño.

En qué consiste?.

Tedes que enviarnos un vídeo co asunto #EscusasAtletismoPorriño ó noso email atletismo(arroba)atletismopor.com ou ben ó noso messenger de Facebook coa escusa que poñedes para non vir (ou vir) a adestrar connosco. Publicaremos tódalas escusas que nos vaian chegando no noso muro de Facebook. Quen máis “me gusta” consiga, terá a posibilidade de que a/o animemos a adestrar connosco toda esta tempada de balde, ben sexa en atletismo ou en triatlón.

Quenes poden participar?.

Calquera persoa maior de 5 anos.

Tamén está aberto para xs atletas do noso club!.

Prazo.

O prazo remata o día 22 de outubro. Ó día seguinte, publicaremos o nome da gañadora/or na web.

 

Carreira As Agüiñas – Diego Salgueiriño 2016

Hai días nos que a vida che depara sorpresas, e si eres do Atletismo Porriño e o teu adestrador se chama Dani Mouriño, as probabilidades son case do 100%…dispostos a pasar un gran día acudimos a maior parte dos componentes deste gran Clube á celebración da Carreira das Agüiñas, que este ano e despois do parón do 2015 adicabamos o noso queridísimo compañeiro Diego Salgueiriño, que nos deixou para facer series a fume de carozo co seu sorriso permanente por algunha outra dimensión…ainsss, como te facemos de menos amigo!!

Nada mais chegar, se repartiron as labouras de colaboración, e aquí chegou a sorpresa, Michi Speaker!!, ante a falla de José Antonio, o noso Speaker oficial e por decreto irrebatible de Dani Mouriño (como te libraches de facelo ti eh!) adxudicado o micro…debeu ver en min unhas dotes espectaculares de reporteiro, ten moi bo ollo, por iso nunca me elixe para representar ó Clube nas probas por equipos de triatlón…jopetas!

 

michi
Michi desempeñando a súa fantástica labor mentres un grande, Pere, fai entrada en meta

Bueno, ó lío! Todos fomos colaborando no que poidemos, uns organización, outrxs corte de circuito, mini bar, xuices e @s que puideron e lle apeteceu, a correr oh, que é a nosa festa!

Primeiro, comezaron as carreiras dos cativos nas súas distintas categorías, cunha nutrida participación e a visita de varios clubes do contorno cos seus futuriñxs, que maravilla velos espernear e desfrutar polas nosas instalacións…mención especial a un dos nosos “XABI” que estivo dende a primeira carreira agardando o seu turno pegadiño ó arco de saida e meta, a súa categoría era unha das últimas, alí agardou pacientemente e desexoso ata que lle tocou sair…que maneira de bulir, pois si que tiña ganas de correr o cativo!, gañou a sua categoría cun dominio aplastante de principio a fin, nin o mesmísimo Songoku lle podería facer fronte hoxe…bravo, esa é a actitude, ilusión, ganas e diversión.

Na categoría raiña, cun circuito enrevesado e moitas pinceladas de cros, moi  de deseño Mouriñista, partían atletas de moitos clubes amigos e atletas independentes con ganas de pasar unha agradable mañá, entre eles unha nutrida representación do clube da casa.

Ó tratarse de varias voltas, pronto se montou unha serpe de cores que percorría o trazado para ledicia dos afecionados e familias asistentes. Esta é unha das carreiras mais familiares do circuito galego e así nos gusta que sexa!!

 

salgue
Salgue facendo entrada en meta arropado por tódolos compañeiros do club

En categoría femenina, a proba foi dominada con autoridade por Ariana Gonzalez do Atletismo Trega, cun tempo de 26´09”, seguida da nosas atletas Mónica Pena 2ª e Alicia Araujo 3ª.

 

monica
Mónica entrando pletórica en meta
angeles de charlie
Os nosos Anxos de Charlie facendo entrega do premio á súa compañeira

 

 

Na categoría masculina, dominou o gran favorito e xa van unhas cantas edicións, Akka Essaadaui cun tempo de 21´21”, seguido de Oscar Bernardez do Athletics e completando o podio un grande Brais Misa do Atletismo Porriño.

Unha vez  rematada a entrega de trofeos, xs compoñentes do Atletismo Porriño que puderon ou así o desexaron, xunto coas familias desfrutamos da tradicional comida fin de tempada, moito nos justa a parranda , si oh!! que ben o pasamos ano tras ano, de feito moitos corremos todo o ano pa poder asistir a este Magno Evento…que pandilla!! O mellorciño do mundo mundial concentrouse neste Clube e damos gracias para que así siga sendo durante moitos anos!!

Ah!! Parabéns e agradecementos por moreas a todxs xs compañeirxs que traballaron arreo na confección do circuito, así como no resto das tarefas sin as cales non sería posible facer está humilde pero tan entrañable proba.

SODES MOI GRANDES COMPAÑEIRXS!!

Agradecer tamén a tódolos colaboradores que fan que a realización da proba sexa posible:

Protección Civíl do Porriño

XQuatro Espectáculos

Concello do Porriño

Eroski

Froiz

Panadería Erundina

Artesanía Candán

 

Crónica: Un humilde speaker, Michi

Fotos: Doris

 

Campionato Galego Xúnior – Xuvenil e Promesa de Pista

Celebrouse nas pistas de Balaidos (Vigo) este domingo, 5 de xuño, o Campionato Galego Xuvenil-Xúnior e Promesa de Pista ó Aire Libre. Representando ó Club Atletismo Porriño tiñamos a Iria Rodríguez Huertas, participando na proba dos 1.500 ml. Dado o número de particípantes nas diferentes categorías, decidiron facer unha única proba conxunta.

En total, 11 rapazas tomaron a saída. Desde o principio, formouse un grupo de 5 que levarían o ritmo de carreira, entre as que estaban, ademáis de Iria, Eva Cid, Laura Santos, Uxía Pérez e Claudia Blanco. Pasaron o 800 xuntas en 2.32, e o 1000 sobre 3.10. Iria ía un pouco encaixonada, e de feito tiña previsto dar un cambio de ritmo nese momento, pero non foi ata o 300 final cando puido buscar un oco para escaparse cun cambio brutal, que apenas puideron seguir o resto do quinteto, agás Laura Santos, que entrou a un segundo de Iria.

Iria, no máis alto do podium
Iria, no máis alto do podium

O tempo final, 4.41, non está nada mal, pero aínda ten bastante marxe de mellora. O obxectivo sería poder baixar de 4.37, mínima para participar no Campeonato de Europa.

Crónica e foto: Jose Antonio Rodríguez

 

Campionato Galego por equipos en pista Benxamín, alevín e infantil

O 22 de Maio nas Pistas Universitarias de Elviña disputouse o  Campionato de Galicia de Clubes Benxamin, Alevin e Infantil.

Foi un día intenso, con madrugón incluido, onde os nenos e nenas estiveron enoooormes e os pais e nais o pasamos coma ananos.

Logo da viaxe tranquila no bus, chegamos ó campus co tempo xusto para poñer as zapatillas de cravos e comezar as primeiras probas.

Os nosos pequechos fixeron un papelón incríble. E nós quedamos sen voz de tanto berrar animándoos.

Ainda que do Clube só viaxou Fonso con nós, houbo máis dun entrenador preparando aos participantes. Se axudaron uns os outros e se animaron moito, foi moi emocionte poder comprobalo.

 

Logo das probas da mañán comemos todos xuntos uns bocatas riquísimos, con froitas sanísimas e pastelitos para repoñer ou coller forzas, que nos levou o club.

E como nos votaron do estadio, fomos a tomar un café en grupo. Os nenos aproveitaron para xogar un partidiño de futbol e o resto logo de un breve paseo, volvemos a estar sentados.

 

Foto de grupo, na hora de café, antes de comezar a pachanga
Foto de grupo, na hora de café, antes de comezar a pachanga

 

Pola tarde, outra tanda de nervios e berros das familias e chegaron os primeiros postos con Pablo e Isaías.

Todos contentos polos resultados acadados e polo día en grupo, volvemos en bus para a casa, un pouco cansos, pero agardando repetir en breve.

Nin que dicir ten, que o Clube Atletismo Porriño acadou a 1ª praza no tándem afición – atletas.

 

Crónica: Familia Bautista Estévez

Foto: Familia Bautista Estévez