Category Archives: Sin categoría

Suspéndese a Carreira de As Agüiñas

CARTEL WEB_AMARELO_SUSPENDIDA (Large)

Por consenso, a Diretiva do Club Atletismo Porriño, decidimos suspender a edición deste ano da Carreira de As Agüiñas. Despois da inesperada morte do noso queridísimo compañeiro Diego, non nos quedan demasiados ánimos para proseguir coa celebración da nosa carreira grande. Sopesamos a posibilidade de seguir na súa honra, porque estamos seguros que a él non lle molaría nada que se suspendese, pero a realidade é que non temos un gramo de forza. Quedamos realmente vacíos!.

Esperamos que a xente que fixo os seus plans para ese día así como xs que xa vos anotastes, comprendades esta situación!.

Un saúdo.

A Diretiva do Club Atletismo Porriño.

 

 

 

Dor

LOGO CABECERA A4 (Custom)Neste club non sabíamos o que era golpear no chan dun xeito tan brusco e inesperado. Hai caídas leves, pero hai outras que deixan moitísima dor. A nova que recibimos hoxe toda a familia do Club Atletismo Porriño, vai a deixarnos tendidos no chan durante un longo tempo, un tanto aturdidxs, con moitas feridas no corpo. Estas son feridas de desgarro, das potentes, das que deixan unha boa cicatriz cando comeza a restituir o tecido. Pero erguerémosnos, de seguro que o faremos. Non sabes o orgullosos que imos presumir de todas estas marcas que deixas no noso corpo, Diego!.

Botarémoste moitísimo de menos, amigo. A tí e o teu sorriso.

Boa viaxe.

 

Con moitísimo cariño para toda a súa familia das súas compañeiras e compañeiros do Club Atletismo Porriño.

Ábrese a inscrición para a VIII Carreira de As Agüiñas

CARTEL WEB_AMARELO

Acabamos de habilitar unha pestana na páxina web, no marxe dereito, para que vos podades anotar á carreira que organizamos tódolos anos no noso club, a Carreira de As Agüiñas.

Será a VIII edición que celebraremos o día 17 de maio (Día das Letras Galegas) nas instalacións do Club Atletismo Porriño, no Polígono de A Granxa (O Porriño), a carón do EKO AMA e o CTAG.

Como ven sendo habitual nesta carreira, primará o carácter estrictamente popular. Non imos realizar unha carreira de moito orzamento, primeiramente porque non podemos, e de segundo, porque non responde á nosa filosofía de club. Estamos na obriga moral de tratar isto como o que é, atletismo popular. Así naceu, e así debemos continuar o proxecto.

A carreira será de balde. Entendemos que non debemos cobrar por correr, e polo tanto, botaremos as horas necesarias enriba disto para que así sexa!. Non vos esperedes unha carreira cronometrada con chip, camiseta na chegada, e todo tipo de detalles. Será unha carreira sobria neste aspecto, o que non quita que sexa unha carreira seria e feita con cariño. Tomaremos nós mesmos os tempos, levaremos a secretaría, e daremos unha botella de auga e si podemos unha peza de froita. Tentaremos coidar todo tipo de detalles, ese é o plan. Sempre o fixemos así, e xs participantes nunca se queixaron, polo tanto, o seguiremos facendo mentras teñamos ganas e forzas.

A xente que se anote a esta carreira e non faga acto de presenza, será descalificada para as posteriores edicións, non puidendo participar na proba nunca máis. Isto é moi doado de controlalo, e polo tanto o aplicaremos sen nengún pudor. O motivo é que despois de sopesar moitas opcións que eviten o desplante de última hora, moi habitual nas carreiras onde non se cobra, decidimos que cada quen debe ser responsable dos seus actos. Pregámosvos que do mesmo xeito que este grupo fai un tremendo esforzo na organización, fagades o mesmo esforzo en planificar a asistencia á proba. De non ser así, e antes de que remate o prazo de inscrición, avisade á organización da non presenza. Entendemos que deixando as inscricións abertas ata o día 14 de maio non debería ser problema.

Por último, pedimos que comentedes e difundades esta carreira entre xs vosxs amigxs, clubs, anpa, colexios, asociacións, etc, para isto, teremos habilitada unha pestana no menú principal da páxina web.

Animádevos a paticipar !.

Info da carreira eiquí.

1ª Milla Solidaria Anemia de Fanconi de Nigrán

O sábado 28 de febreiro, nun dia de moita choiva, celebrouse en Nigrán a 1ª Milla Solidaria Anemia de Fanconi.
DSC03130 (Large)
Na categoría infantil feminina, Carla Guisande Vieito acadou a terceira posición cun tempo de 3 min 29 seg e Laura Mazoy García, a séptima posición cun tempo de 3 min35 seg na distancia 1km.

Na categoría alevín, tanto Laura Alonso González cun tempo de 3 min31 seg e Nicolás Mazoy García cun tempo de 3 min 40 seg acadaron a primeira posición na distancia 1km e Carlos Bautista Bugarín acadou o terceiro posto.

Na categoría benxamín, Sabela Guisande Vieito en 600 metros acadou a sexta posición un tempo de 2 min 59 seg.

Xa na categoría prebenxamín, Hugo Fontán Álvarez acadaría a primeira posición cun tempo de 1 min23 seg nunha distancia de 400 m.

Campionato Galego Escolar de Campo a Través en Ourense. Xogade

O 21 de febreiro celebrouse o Campionato Galego de Campo a Través en Ourense. Tres eran as representantes do Club Atletismo Porriño que coseguiron chegar ó Campionato Galego.
Na categoría infantil feminino, Laura Mazoy García rematou na novena posición cun tempo de 9 min 36 seg. Na categoría alevín feminino Laura Alonso González acadou a décima posición cun tempo de 7 min 12 seg e Uxia Rodríguez Huertas acadou a décimo cuarta posición cun tempo de 7 min 17 seg.

DSC03106 (Large)

 Laura Alonso e Uxía Rodríguez

Crónica e fotografía: Ángeles González Matos

Resultados X Xóvenes Atletas 2015

Estes son os resultados definitivos da X Carreira Xóvenes Atletas 2015:

Clasificación Alevín Feminino

Clasificación Alevin Masculino

Clasificación Benxamin Feminino

Clasificación Benxamin Masculino

Clasificación Cadete Feminino

Clasificación Cadete Masculino

Clasificación Infantil Feminino

Clasificación Infantil Masculino

Clasificación Pitufos Feminino

Clasificación Pitufos Mascuñino

Clasificación Prebenxamin Feminino

Clasificación Prebenxamin Masculino

Clasificación Alevín Feminino

 

Campionato galego de pista cuberta

O 14 de febreiro celebrouse o campionato de Galicia en pista cuberta na cidade da Coruña. So tivemos dous representantes polo clube atletismo Porriño .

Laura Alonso González, que se presentou nas probas de 50 metros e 500 metros na categoría alevín femenino, acadando o segundo posto en 500 metros cunha marca de 1:38.26.

laura

Yago López Sousa, que se presentou na proba de 500 metros na categoría infantil masculino, acadóu tamén o segundo posto cunha marca de 1:26.06.Noraboa a estes dous atletas polos seus logros.

 

yago

 

Crónica e fotos: Toni Alonso

X Carreira Xóvenes Atletas en O Porriño

CARTEL IX XOVENES ATLETAS 2015 (Custom)

O Club Atletismo Porriño coa colaboración do Concello de O Porriño, organiza a “X CARREIRA XÓVENES ATLETAS O PORRIÑO”, que se celebrará o día 01 de marzo de 2015, a partires das 10:30 horas no centro de O Porriño.

Esta carreira está organizada para rapacxs nados entre os anos 2000 e 2012.

Temos unha novidade para a carreira deste ano, posto que en edicións anteriores, a participación limitouse ós clubs e colexios que estiveran dentro da asociación Xóvenes Atletas. Desta vez, decidimos abrir a inscrición a tódolxs nenxs que queiran participar, coa intención de promocionar o deporte de base para todxs.

Eiquí deixamos os links de inscrición e informaición da carreira:

Inscricións

Circuito

Regulamento

Animade xs pequenxs da casa!.

 

56 GP Pedestre do Nadal (Carreira do Pavo) de Vigo

O domingo 21 de decembro celebrouse en Vigo o 56 GP PEDESTRE DO NADAL (Carreira do Pavo) , nunha mañá soleada .
A nosa participación non foi moi abundante, pero os  que foron fixéronse notar. Nas categorias menores,  participaron na carreira de alevín feminino, Laura Alonso González e Uxia Rodríguez Huertas quedando primeira e cuarta respectivamente.

DSC03089 (Custom)

Na carreira absoluta na que venceron Ester Navarrete (At. Femenino Celta) e Akka Essadaaoui(Dare2be CCPedro Nimo), a nosa participación, destacada polo 3º posto xunior masculino de Iago Sobreira García, completouse cos seguintes postos:

3º (JUN M) – Iago Sobreira Garcia.

11º (SEN M) – Ismael Lago Monroy.

10º (VB M) – Marcos Frances Gómez

10º (VB F) – Irene Sobreira Castro.

Agora toca facer acto de presenza nas distintas San Silvestres que se celebran en torno á nosa comarca antes de despedir o ano!.

Cónica e foto: Toni Alonso e Atletismo Porriño