Peche da tempada de triatlón 2013

Parte dos triatletas desta tempada 2012-2013, co gran Javi Gomez Noya
Fotografía: Arquivo club

A tempada 2012-2013, quedará na historia do club polos magníficos resultados acadados e pola celebración en O Porriño dun triatlón e duatlón de estrada. Dar a noraboa ó Concelleiro de Deportes e ó Concello  de O Porriño por facelo posible.

Mañá sábado péchase a tempada coa celebración do Campionato Galego sobre a distancia sprint (750 metros de natación, 20 quilómetros de bicicleta e 5 quilómetros de carreira a pé), con saída, boxes e meta na Avenida de Buenos Aires (xunto á Ponte dos Tirantes). Para poder participar nesta proba os participantes tiveron que lograr a clasificación nas diferentes probas que conforman o circuíto galego de tríatlón de estrada, polo que poderemos gozar dunha proba de moi alto nivel competitivo, a pesar de atoparnos xa no tramo final da presente tempada. E máis, esta será a última proba do calendario oficial galego.

O club estará representado por María Martínez e Sandra Sobreira, na elite femenina e na masculina Ismael Monroy, Diego Pereiro e Víctor Mouriño. Sorte a todos eles e que disfruten da ultima proba da tempada.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *