CIRCUITO DUATLÓN DE ESTRADA 2013

CIRCUITO DUATLÓN DE ESTRADA 2013

Jose Luis Castro Conde, na bicicleta
Fotografía: Ana Bugarín

O vindeiro domingo, 24 de febreiro, arranca a tempada de duatlón de estrada 2013. Este ano o circuito consta de tres probas clasificatorias,( Lugo, Guitiriz e Santiago) e a final en Noia. Nesta modalidade os participantes terán que correr 5 km. a pé ,montar 20km bicicleta de estrada e rematar novamente con 2,5 km. de carreira a pé. A primeira proba, que se disputa en Lugo, vai contar  cun gran nivel na saida B (proba elite) onde se podera ver a Gustavo Rodriguez, Brais Canosa, Manuel Abuin, Antonio serrat e Diego Paz. Na categoria feminina a loita polo triunfo será entre Camila Alonso e Diana Coton, ainda que pode haber sorpresas no inicio da tempada polas condicions climatoloxicas que poden influir no resultado final das probas.

O noso club estará representado nesta ocasion por catro triatletas, dous na saida A, Manuel Salgueiro e David Dominguez, debutantes nesta modalidade; e dous na saída B (con corte), onde estaran Ismael Lago Monroy e Victor Mouriño Fortes, tamén debutante nesta modalidade.

Xa vos iremos contando.

Share this post