Clasificatorio Duatlon escolar de Nigran 2013

Representación de cativos e pais no clasificatorio Duatlon escolar de Nigran 2013
Fotografia: Romina

 

O sábado deu comezo  a tempada de duatlón  escolar. A primeira proba celebrouse no polígono Industrial Porto do Molle, no municipio de Nigrán; a segunda celebrarase  en Pontevedra e a final provincial a organizara o noso club o 5 de maio no casco urbano de O Porriño.

A primeira proba a disputaron os benxamíns onde o club tiña a Carla Guisande e Laura Alonso no feminino e Nicolás Mazoy, Alex Salgueiriño e Diego Rodríguez no masculino, os resultados foron estupendos  en categoría feminina con  Carla Guisande 2º e Laura Alonso 3º, e na masculina con Nicolás Mazoy 3º, Diego Rodríguez 4º e Alex Salgueiriño 6º.

A continuación era o quenda dos alevíns, cos seguintes postos:  Laura Mazoy 2º e Nicolás Guisande 4º, Yago Lopez 8º.

Na categoría infantil  o club fixo un 1º posto na proba feminina con Iria Rodríguez Huertas e tamén na masculina con David Burgos Argibay. Acompañaron na clasificación Zaira Penabella (5ª) e Antía Fernandez (7ª)  que a pesar de ter problemas mecánicos en todo o sector da bici, non se deron por vencido rematando a proba.

E a última categoría foi a de cadete, cun novo 1º para  Héctor Alvarez.

Xornada de éxito coa clasificación dos 15 cativos que se presentaron. Nora boa a Daniel Mouriño e Alfonso Conde, pola gran labor cos nosos cativos.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *