Crónica dun cambio necesario

Crónica dun cambio necesario

Hoxe toca falar de cambios no Club. Estes días decidimos desconectar da aparataxe á nosa web para adaptala a novas estruturas e formatos. Tiñamos que acabar con ela para seguir medrando!.

Agora iremos de “rollo wordpress”. Era algo necesario, posto que a web ten un formato un tanto antigo, ríxido, do que os propios usuarios e administradores levábamos tempo reclamando a súa transformación.

Nuns días, de seguro que notades cambios. Aínda que como a migración é un tanto complicada, iremos deixando unha estrutura de páxina máis clásica para ir pouco a pouco modificándoa e adaptándoa ós novos tempos.

Como somos unha familia chea de xente de distintos oficios que entre todxs configuramos un club social, neste caso tocou mover á loxística tecnolóxica do club.

Xesús Amieiro, un atleta do noso club, ilustrado nestes temas que traballa na empresa Quadralia, empresa adicada a solucións integrais no campo das tecnoloxías da información, quiso botarnos unha man con este tema. Trátase dun excelente profesional, co que hai un entendimento á perfección dende o inicio. Pillou moi ben o que queríamos e brindounos unha solución clara. Recomendadísimo!.

Que cada persoa vaia aportando o seu gran de area no club, implica seguir medrando como club e asociación. Pringando entre todxs, é a forma de tirar cara adiante con proxectos apetecibles que serían irrealizables cos medios dos que dispoñemos, así que estamos agradecidísimos a Xesús!.

En breve teredes novas!.

Para contactar con Quadralia eiquí.

Para seguir a Xesús Amieiro:

Twitter: http://twitter.com/JesusAmieiro
Facebook: http://www.facebook.com/JesusAmieiro
Blog: http://www.jesusamieiro.com

Share this post