DUATLON CROSS DE CANDEÁN 2014

 

 

Os representantes do club en Candeán

 

A disputa do duatlon cross de Candeán, estivo condicionada un ano máis pola climatoloxía. Hoxe domingo disputábase a cuarta proba do circuíto galego, no monte Vixiador, en Candeán (Vigo).

A proba arrancou ás 11:15 coa carreira de 6 km, en dúas voltas ao percorrido de continuas subas e baixadas embarradas que facían difícil manterse en pé.
Os noventa e catro participantes conseguiron chegar a coller a bici na transición para percorrer os 20 km, en tres voltas, nun trazado de dificultade alta, complicado máis polo vento e a chuvia; proba diso foron os numerosos abandonos, a maioría por problemas mecánicos pero tamén os houbo por caídas de importancia.

Ao último sector só chegaron cincuenta e oito superviventes; algúns dos cales, viviron momentos de angustia porque tiñan síntomas de conxelación nas mans e non eran capaces de desabrochar os cascos, nin calzar as zapas para saír a correr os 2750mtrs finais para rematar a dura proba.

O noso club estivo moi ben representado con Quique Moran, David Alonso, Diego Salgueriño, Santiago Ons que remataron a proba a cruz tócalle a Rubén Sio, que unha avaría mecánica o obrigou a abandonar.

Agradecer aos fans do noso club polo apoio dado en toda a proba ata alí achegáronse Gíl, Maria Martinez, Eva, Irene Sobreira e Iago Sobreira.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *