DUATLÓN DE ESTRADA DE LUGO 2013

 

Ismael Lago Monroy rematando a proba
Fotografía: Ana Bugarín

 

Esta mañá disputouse a vixesimoterceira edición do Duatlón Concello de Lugo «Memorial Alejandro Lopez», unha proba clásica dentro do calendario galego e nun escenario especial: arredores do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

Mais de 200 duatletas (entre as que había 40 féminas) presentáronse na liña de saída para tomar parte desta proba que foi clasificatoria para o campionato galego. O circuíto constaba de tres segmentos: 4 voltas de carreira a pé a un circuíto mixto de terra e asfalto de distancia 5 km, 20 km de ciclismo e 2.5 km sobre o circuíto inicial.

Gustavo Rodríguez (Fluvial) xogou ben as súas bazas esperando ao sector da bici para colocarse en primeira posición da proba, acompañado de Antonio Serrat (Fluvial). Foron estes dous duatletas os que disputaron a proba, saíndo gañador Gustavo Rodríguez por sete segundos. Completou o podio Brais Canosa (Arcade Inforhouse). En categoría feminina, Camila Alonso (triatlón Ferrol) destacou dende o principio abrindo unha distancia imposible de remontar por parte de Verónica Montes .(A.D.Fogar) e terceira Ines Santiago(Triatlón Ferrol).

Respecto da nosa participación, debemos mencionar especialmente a Ismael Lago Monroy, entrando no posto 12º na proba B (con corte), baixando a correr os ultimos 2.5 km no grupo de Brais Canosa 3º da proba. Tamén destacada foi a participación de Víctor Mouriño (32º), pasando o corte da proba na súa primeira participación.

Na proba A, destacar a participación de David Dominguez Mariño e Manuel Salgueiro, debutantes nesta modalidade tan explosiva de principio a fin.

Parabén aos nosos triatletas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *