I 10 Km. de Salceda de Caselas

Moi ó noso pesar, non puidemos participar con tódolxs atletas do noso club na primeira edición dos 10 Km. de Salceda de Caselas. O domingo 5 de maio á mesma hora, a maioría da nosa familia atlética estaba a organizar unha final provincial de duatlón para escolares no centro urbano de O Porriño. Aínda así, a nosa pequena aportación de atletas para esta proba foi moi exitosa.

O circuito, que puido probalo previamente algún atleta do club, alternaba subidas e baixadas facendo un traxecto un pouquiño esixente. Comezábase en lixeira subida en dirección a Parderrubias, xirando cara o barrio de Maceira e encarando unha subida hacia a Vendanova. Posteriormente facíase unha baixada pronunciada en dirección á Picoña para facer o tramo do paseo do río Caselas e chegar á zona da Feira, onde había outra pequena subida. Despóis se baixaba en dirección ó casco urbano, e antes de chegar a este, facíase unha rampa esixente alá polo kilómetro 9.

A proba dos maiores foi dominada dende o comezo da mesma por Santi López, seguido nos primeiros kilómetros por Dani Bargiela. Posteriormente Santi apretou o ritmo para chegar en solitario á meta e proclamarse o primeiro campión desta proba cun tempo de 31:47, seguido de Dani Bargiela. Este vídeo recolle o momento da chegada a meta.

 

Santi na súa antes de encarar a recta de meta. Foto por Xandra

O segundo do noso club foi Marcos Fernández, quen está a facer unha tempada espléndida. Chegou cun tempo de 37:31, quedando no posto 21º da clasificación xeral.

 

Marcos encarando a liña de chegada. Foto de Albertinho

Un ilustre do noso club, Manuel Fernández Pereiro (Pere) fixo unha gran proba, rematando en 2º posto da categoría Veterán B, cun tempo de 38:51.

Por debaixo dos 45 minutos, chegaron José Ángel Álvarez Alonso e José Miguel Fernández Cruz (que corría na súa terra) con 41:59 e 42:15 respectivamente.

 

O Salcedense Miguel Fernández Cruz antes da chegada a meta. Foto de Albertinho.

Outro ilustre do noso club, José Ramón Conde, que ven de facer unha estupenda maratón en A Coruña rematou con 46:58, seguido de Sandra Sobreira e Yolanda Alonso Bargiela, sendo estas últimas a terceira clasificada senior feminina e primeira xuvenil feminina respectivamente.

Nas categorías menores partíamos con tan só un participante que non participou no duatlón disputado en O Porriño. Tratábase de Yago López Sousa. Yago, como ven sendo habitual, conseguiu o segundo posto na categoría B, percorrendo unha distancia de 1000 metros nun circuito urbano.

Polo comentado cxs nosxs atletas, felicitamos á organización e esperamos que para o ano poidamos apoiar esta proba como se merece.

Desta vez non puidemos acudir a sacar as fotos, por isto agradecemos enormemente a Xandra e a Albertinho que nos brinden o seu material gráfico.

 

 

 

 

 

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *