I Carreira Vigo Contra o Cancro 2013

O pasado domingo día 10 de novembro, celebrouse polas rúas de vigo a I Carreira Vigo Contra o Cancro, unha carreira con carácter solidario para axudar na loita contra o cancro e dar alento xs afectadxs e ás súas familias.

Á esquerda Eva Martínez e Denis Castro. Á dereita Iker Diz diante do seu pai Miri.

 

A esta carreira acudiron varixs atletas do club sen máis pretensión que participar e axudar, máis que competir.

Penso que o sentir xeral do club e dxs compañeirxs que se achegaron pode resumirse nas verbas de Roberto Alonso, un dos nosos atletas:

» ..tocaba acudir á coñecida Avenida de Castelao en Vigo para apoiar coa nosa presenza unha causa de gran relevancia social e humana, como as que levn a cabo as asociacións de loita contra o cancro.

…todos corríamos baixo un obxectivo común; por un lado rendir unha merecida homenaxe a quenes realizan un labor de loita e de apoio encomiable e e por outro, transmitir a «golpe» de zancada o cariño e a solidariedade con quenes nas súas carnes ou na de alguén do seu propio entorno padecen esta triste enfermidade, a tod@s el@s, ANIMO!!!!«

Graciñas a Roberto Alonso, Diego Pereiro, Isaías Burlido, Saúl, Olalla Acuña, Denis Castro, Eva Martínez e Iker Diz por aportar o seu gran de area.
Fotos: Máis que Auga, Áreas Deportivas Municipáis de Vigo / Eva Martínez.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *