I Trail José Teixeira 2014, Arcos, Ponteareas

Este domingo día 16 de novembro nos achegamos varios “frikis” do Clube Atletismo Porriño para desfrutar duns dos primeiros Trails de montaña da tempada, o que se celebraba no lugar de Arcos no veciño concello ponteareán e que se adicaba o Atleta José Teixeira.

Parte do club no trail
Parte do club no trail

Ata a Casa Cultural de Arcos donde se recollían dorsais e se daría posteriormente a saída nos desplazamos Miguel Novoa, Victor Mouriño, Alex Castro, Moncho Conde, David Alonso e Michi que farían a modalidade longa de 25 kms. e Mónica,Pili Martín,David e Nacho Louriño que competirían na opción mais curta que constaba de 15 kms.

Nada mais chegar saudabamos a vellos coñecidos do Clube como o gran Amador que comparte mesa connosco ainda en todalas ceas navideñas, Pedro Afonso, Bea Lago, Rubén Mera…bueno ó lío!!

As 9 horas comezaba o Trail longo con tempo fresco e coa choiva como compañeira de viaxe…pronto como soe ser habitual cada un colleu o seu ritmo e desfrutamos sufrindo polas caras do monte da Picaraña con continuos sube-baixas que nos fixeron pasar polo Castelo de Villasobroso e por sendeiros, camiños, regatos e carballeiras nos que afloraban os sorrisos dos participantes…bonito percorrido e organización espectacular dos amigos de Arcos, co percorrido perfectamente sinalizado e con mais que suficientes avituallamentos provistos de todo o necesario…parabéns!!

Con maior ou menor gloria fomos chegando todos ata liña de meta situada no punto de saída por esta orde: David Alonso, cun mais que meritorio 6º posto, Miguel A. Novoa , Alex Castro ,Michi e Victor Mouriño  e Moncho Conde que como nos ten acostumados vai recollendo cadaleitos saindo dende as derradeiras posicións.

Especial mención merece a chegada nun terrible “sprin” de Michi e Victor Mouriño que despois de vir charlando amigablemente toda a derradeira baixada e falando da escasez de boletus, lepiotas e niscalos pola zona( non estabamos para moito mais) decidiron xogala nos metros finais, e así foi…cual dúas lermes que se lle vai pegando o xabre o seu paso reptamos ata liña de meta…lamentable imaxe da “eterna promesa” e dun Ironman…

O Trail curto discorreu na súa  práctica totalidade por parte do percorrido do longo e as nosas atletas Mónica e Pili, así como o compañeiros  David e Nacho poideron desfrutar das belezas que ofrecía…moi contentas quedaron, sobre todo Mónica que se estreaba na modalidade de Trail, xa sabemos que as cabras acaban tirando sempre ó monte jajajaja!! e quedando nunhas posicións moi alentadoras , un pouco mais tarde entraría David e Nacho.

Á chegada a organización agasallounos cunhas rosquillas “do país”, caldiño quente, chourizos e bebidas varias para compensar a escasez de boletus nos montes, iso sí…”doxe nun ano, rapaces!!!!!

Crónica: Michi

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *