II EDICIÓN DA SIN SON

II EDICIÓN DA SIN SON

Hoxe celebrouse a II edición dunha carreira con trazas de converterse en referencia co tempo, se siguen a progresión amosada. A carreira Sin Son, como dí o seu nome transcurre entre as localides costeiras de Portosín e Porto Do Son.

O “slogan” da organización é: Corremos Mirando ó Mar. E ben certo, poucas veces podemos disfrutar de probas coma estas, nas que se percorra ó carón do mar, podendo contemplar as maravillas da nosa terra, que non son poucas.

Unha vez en porto do son, co dorsal recollido, fomos trasladados en autobuses ate portosín´, donde nos recolleron as roupas ou bolsas que levábamos, para tomar a saída. Os primeiros tres kilómetros, faríamolo nun circuito polas inmediacións do porto de Portosín, ata voltar a estrada AC-550  que nos leva a Porto Do Son. Nada máis saír de portosín e xirar a dereita xa nos agardaba un “Repeitiño” que nos levaba do kilometro 3,5 ó 4 que sin ser demasiado exixente freaba un pouco a intensidade da saída por terreo favorable. Deixada xa esta dificultade, a proba transcurre por un bo asfalto con curvas e algún tobogán para ir apretando as pernas. Pasado o kilómetro 6 xa nos agardaba un repeito bastante xeneroso na súa lonxitude, que había que tomalo con relativa calma para non quedarse non intento e poder encarar a chegada con solvencia nas inmediacións da Lonxa de Porto do Son.

A carreira presentaba tres estrelas que brillan por sí soas, O olímpico Eliseo Martín, a postre gañador da proba, e os galegos Alex Fernández e Pedro Nimo. Estes tres atletas marcarían o ritmo da proba ó quedarse en solitario nos primeiros kilómetros e marcharían mantendo o ritmo ate o ataque de Eliseo Martín no último kilometro, que deixaría atrás ós seus compañeiros de viaxe. Reaccionaría Alex Fernández ainda que o seu esforzó non lle valería para arrebatarlle a victoria a Martín.

Na categoría de Féminas Solange Pereira sería a dominadora da proba, seguida por Raquel Suarez e Esther Pedrosa.

Pola parte do Atletismo porriño, dous participantes e unha compañeira do Atletismo Tui, que adoita a adestrar connosco. Alberto Domínguez remataría a proba no posto 172 con un tempo de 40:40 e contento ca primeira carreira de estrada que participa despois do desafío Cies. A nova incorporación, Santiago Romero Ons acadaría o seu obxetivo de baixar de 47 minutos marcando un tempo final de 45:21 na posición 401. María Jesús Gomez, a nosa compañeira de entrenos remataría na posición 441 e 3ª na súa categoría.

Alberto Dominguez disfrutando da proba.

Crónica: Alberto Dominguez

Share this post