I Tríatlon Concello de Moaña 2013

I Tríatlon Concello de Moaña 2013

Saul,Pablo e Michi facendo grupo

Fotografía: Doris Fernandes

O Club Triatlón Morrazo e o Concello de Moaña foron os encargados de organizar a primeira edición do I Tríatlon Concello de Moaña Herbalife, no que participou un numeroso grupo do Club Atletismo Porriño de trece triatletas.

A proba tivo lugar na praia da Xunqueira, na que a paisaxe do Morrazo ofrecían un escenario inmellorable para practicar esta disciplina deportiva. O neopreno era opcional, malia que o contraste entre os máis de 32 º C do exterior e a fresca temperatura da auga da ría resultaba, cando menos, difícil de asimilar sen a axuda do caucho sintético.

A saída tivo lugar ás 11:10 e reuniu ás e aos participantes de todas as categorías. A dificultade da natación estivo en que o areal subxacente non ofrecía fondo suficiente para nadar con soltura ata ben entrad@s na costa. A proba de ciclismo consistiu nun circuíto de cinco voltas, con pouca distancia chaira para ir a roda e pronunciados desniveis que requiriron unha importante pericia para as subidas. Pola súa banda, a carreira a pé fíxose nun circuito de 2 km pola beira do areal, e desta vez os maiores inimigos d@s participantes foron o sol e o intenso calor.

Finalmente, cabe salientar os importantes resultados acadados pol@s nos@s triatletas, que deron unha gran proxección ao Club coa súa presenza e participación.

Clasificación por clubs: 9 CLUB ATLETISMO PORRIÑO 3:26:43

Clasificación d@s nos@a triatletas:

Sandra Sobreira (1:27:45 ABF/13)

Ismael Lago Monroy (1:06:39 ABM/18)

Diego Pereiro Alonso (1:09:09 ABM/36)

David Dominguez Mariño (1:10:53 ABM/50)

Alberto Dominguez Lemos (1:13:24 ABM/77)

Saul Fernandez Gonzalez (1:13:56 ABM/84)

Pablo Jacobo Soto Alvarez (1:14:44 ABM/95)

Miguel Novo Regueira (1:14:51 ABM/96)

Miguel Angel Gil Gonzalez (1:15:33 ABM/106 VM/25)

Felipe Dominguez Mariño (1:17:06 ABM/122)

Manuel Salgueiro Alvarez (1:18:05 ABM/135)

Jose Miguel Fernandez Cruz (1:19:02 ABM/146)

Ivan Reguera Ferreira (1:20:58 ABM/167)

Enlace á clasificación completa:

http://fegatri.org/wp-content/uploads/2013/04/clas_trimoana2013.pdf

Agradecemento a Doris Fernandes pola cronica

Share this post