II Duatlón Trail de Riveira 2013

II Duatlón Trail de Riveira 2013

Comenzo da tempada para Berto Dominguez 2013

Berto e Alex

Hoxe tocaba voltar a colocarse un dorsal despois das probas do mes de setembro, co Desafío Cíes, o Tricross da Amizade e o Sertri por relevos Con Iago e Carlos. Tamén sería un bó día para comprobar se despois de estes meses de intenso traballo e pouco entreno, o traxe de Tri do Atletismo Porriño, podería conmigo, a boa fé que sí que me deixou entrar nel 😉

Así pois, hoxe tocaba outro madrugón para competir (xa o botaba de menos) e así xunto co meu amigo Alex de Xtrembike (equipo co que compito ás veces en bici, Btt ou estrada) e a súa moza puñamonos en marcha ás 8 da mañá cara a Riveira.

 

Cando chegamos, non facía moito frío pero o intenso vento do nordés facía unha sensación térmica moito menor, así que tocaba abrigarse, camiseta térmica de manga cumprida, guantes, orelleiras, cremiñas para quentar as pernas, e o máis importante: ganas de desfrutar.

Por diante agardábanos un duatlón TRAIl (podería ser pero nada que ver cun ducross) de carácter popular e un tanto atípico, ó constar de tan só un sector de bici e outro de carreira a pé.

Dase a saída neutralizada ó sector en bici e xa deixo ó meu amigo ir na dianteira, que para iso está en forma, eu manteñome ás expectativas na parte traseira do pelotón. Por diante 15 kms, de puro BTT, con cortalumes, baixadas técnicas e unha trialeira en subida na metade do camiño que obligou a tódolos participantes a botar pé a terra e subilo ca bicicleta ó lombo. As miñas sensacións foron mellores do que eu pensaba, fun collendo ritmo pouco a pouco despois do apretón inicial, remontando posicións, tanto nas costas como nas baixadas técnicas nas que disfrutei coma un cativo, non sen pasar algún apuro que outro, xa sabedes, a cabra tira para o monte….

Despoís dunha baixada rapidísima e moi técnica, chegamos a transición para á carreira a pé, e eiquí si que comenzaba un verdadeiro trail, no que tan só se puido “correr” no primeiro kilometro asfaltado. O que nos agardaban despois dese primeiro kilometro eran cortalumes para arriba e para abaixo, subidas por rochas nos que había que tirar de técnica e de folgos, que aquí eu xa non tiña moitos (as tapiñas do bar e a pouca preparación, xa se sabe…) e perdería unhas 5 ou 6 posicións; algunha volta a rolos tamén din, jeje. Chegada a meta, control de dorsal e directos para a “moviola” o mellor momento de calqueira carreira popular que se precie: pois eu apretei alí, – eu reventei a roda alí. – estou contento eh! Case sen adestrar, – e iso que esta semana estiven malo na cama senon….. Bueno, vós coma bos corredores que sodes, xa entendedes isto da “moviola” as famosas excusas, que todos damos nalgún momento para que non se note que somos moi globeiros, ejeje.

O resultado? Pois ainda non o sei, só vos podo decir que disfrutei; que os duatlóns cross están a volta da esquina e se tedes dubidas, eu anímovos ainda que non estedes preparados, pois o mellor é ir a desfrutar.

Crónica: Alberto Dominguez

Fotografía: Alberto Dominguez

Share this post