II Media Maratón Solidaria Zona Aberta 2013. Vilagarcía de Arousa

 

Volveuse a repetir o conto do ano pasado e o noso atleta Santiago López Rodríguez, volveu proclamarse campión da “II Media Maratón Solidaria Zona Aberta 2013” disputada hoxe na localidade de Vilagarcía de Arousa. Esta é a distancia preferida de Santi, onde se desenvolve á perfección. Realizou practicamente toda a carreira en solitario. Xa na primeira volta, levaba unha distancia considerable respecto do 2º e 3º clasificados. Marcou finalmente un crono de 1 h:10 min:38 seg., dous minutos por riba do marcado o ano pasado. Subiron ó podio xunto a Santi, José Carlos Ferreira González e Pedro Traba Caamaño da Sociedade Atlética do Trega e Club Pato Blanco Celanova que marcaron uns tempos de 1:15:03 e 1:15:04 respectivamente.

Pablo Soto Álvarez, segundo representante do club en cruzar a liña de meta, conseguiu facer un tempazo de 1:27:56 (posto 106), tendo en conta que Pablo ven de facer a tempada de triatlón e «teóricamente» debería atoparse nun momento de inicio de actividade.

Pechaban a representación dun total de catro atletas os veteráns corredores Isaías Burlido e Moncho Conde. Isaías, que rematou contento e que xa anda a barallar a posibilidade de inscribirse á vindeira maratón de Coruña, fixo un tempo de 1:45:14, mellorando o tempo do ano pasado e a súa marca na anterior Media Maratón de Pontevedra. Moncho Conde, pola súa banda rematou en 1:49:29. Moncho sempre a estas alturas, atópase nun momento máis baixo, sendo o seu forte da tempada a partires de decembro.

Fotografía: Usuario Correr en Galicia joseadolfo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *