III Travesía o Fisgon, Moaña 2013

 

Aproveitando a festividade do 15 de agosto, cando toda Galicia está de romaría en romaría, o Club Rriatlón do Morrazo, organizou a terceira edición da travesía o Fisgón, sobre unha distancia de 1900 mtrs.

Trátase da distancia de moda, ó ser a distancia a nado dos triatlones de Media distancia, proba preparatoria para  o 15 de setembro cando se celebra a primeira edición do Desafio Illas Cies, (Vigo) na mesma distancia.

A participación foi numerosa, superando os trescentos participantes. Houbo moita calidade nos participantes. O podio masculino foi, para os triatletas de nivel internacional como Antón Ruanova (1º), Uxío Abuin (2º) e Diego Paz (3º).  Entraron todos xuntos, polo que o resultado puido ser calqueira.

A participación dos nosos triatletas foi numerosa e moi satisfactoria para todos eles, ainda que tiveron dúbidas co percorrido.

Obsevando o percorrido
Fotografía: Ana Bugarín

Na fila varios dos nosos triatletas
Fotografía: Ana Bugarín
Repasando as anécdotas da proba

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *