Iria Rodríguez Huertas consegue dous bronces en natación

Iria Rodríguez Huertas consegue dous bronces en natación

Iria Rodríguez Huertas, á dereita cun dos dous bronces.

Foto do Club Natación Galaico

Dende o venres 28, disputouse en Pontevedra o Campionato Galego Absoluto e Xúnior de Verán de Natación. A nosa atleta Iria Rodríguez, que este ano leva tempo sen poder competir en atletismo por mor dunha lesión, participou en catro probas individuais e en todos os relevos. A pesares de ser aínda infantil, foi quen de acadar dúas medallas de bronce (100 e 200 braza), unha cuarta praza en 50 braza e un 13º posto en 50 libre. A esixencia foi máxima porque non preparou especificamente este campionato (esta semana foi de duro adestramento con dobre sesión), xa que ten as miras postas no Campionato de España Infantil de Verán de Natación, a disputar nesta mesma piscina de Pontevedra de aquí a un mes.

Desgraciadamente, a lesión que arrastra non lle vai permitir participar como quixera no Campionato de España de Pista Cadete en Granollers, polo que decidiu non asistir, pero abofé que o ano que vén volverá a correr como nos ten acostumados.

 

Share this post