Iria Rodríguez terceira no Campionato Galego Absoluto de Pista Cuberta

Iria Rodríguez Huertas durante a proba.

Disputouse o domingo, 2 de febrero, en A Coruña, o Campionato Galego Absoluto de Pista Cuberta. Nel participou Iria Rodríguez Huertas, que coma cadete, en carreiras, só pode facer 50 ml ou 3000 ml. Fixo esta última proba, o 3000 ml, acadando unha meritoria terceira posición, por detrás de Ester Navarrete e Carmela Cardama, as que aguantou ata o 1500. Acabou en 10.36, unha marca bastante boa, tendo en conta a dureza dos adestramentos da semana e que o sábado participou todo o día nunha toma de tempos da Fegatri, onde tivo que nadar 100 ml e 1000 ml, e correr 1000 ml e 400 ml. Por certo: acabou con 46 dos 48 puntos posibles, a mellor puntuación de todos os participantes, correndo o 1000 en 3.01.0 e o 400 ml en 1.02.0.

Despois dun mes de xaneiro de moita carga, este mes de febreiro ten varios retos ben importantes por diante: o vindeiro domingo, o Campionato Galego Cadete de Pista Cuberta en A Coruña (fará 600 ml), a seguinte semana o Campionato Galego de Natación en Ourense, despois o Campionato de España de Campo a Través en Madrid, coa Selección Galega, e por último o Campionato de España de Natación Júnior, que se vai celebrar en Pontevedra. En marzo, terá varios campionatos galegos a maiores, pero o máis importante é que a mediados vaise desprazar ata Antequera ó Campionato de España Cadete de Pista Cuberta.Para poder afrontar estas probas, axustarase a preparación para que poida chegar o máis descansada posible e que poda dar o máximo do que sexa capaz. De momento, felicitala por este novo éxito.

 

Crónica e foto: José Antonio Rodríguez.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *