IV TRAVESÍA A NADO COSTA SERENA 2014

O Faro en Praia América (fotografía Cristal Vázquez)
Con esta estampa amencía o día en Praia América (Nigrán). Coa praia recén posta o sol comezaba a coller altura para recibir aos participantes da IV Travesía a nado Costa Serena con dúas probas ben diferentes: 800 e 4.000 metros de natación en augas abertas. Unha proba que viña de ausentarse no caledario un por un ano e se retomaba esta tempada reforzada gracias a unha organización exemplar.
Dende as 9:30 da mañá sentíase ese ambiente de gran evento coa preparación de boias, carpas, megafonía e cronometraxe. Se ben se estimaba unha temperatura da auga duns 15ºC a sensación durante as primeiras catas prometía un nado agradable.
A saída dos 4.000 tomaba lugar ás 11:30 da mañán, arroupada por un público madrugador. O obxetivo era claro: asaltar o faro, alcanzar ao extremo sur da praia e voltar ao punto de inicio debuxando un traxectecto en forma de triángulo. Na teoría parecía sinxelo pero as ondas entrando dende o mar compricarían a orientación e a respiración dos menos experimentados. O grupo de cabeza no que se atopaba Diego Paz (atleta moi ligado a este clube) nadaba rápido e rematarían establecendo un novo record da proba en 47:59:00. Por detrás chegaban os nosos membros da división de triatlón:  Miguel Fernández, Miguel Gil,Ramón Lago, Miguel Novo, Pablo Regueira, Iván Reguera, Sandra Sobreira, Pablo Soto.
Ao pouco de darse a saída da proba longa saltaban á auga os participantes dos 800 metros con natación paralela á praia. Marcos Francés facía de representante neste caso rematando a súa primeira travesía con moi boas sensacións e con ánimos para ir sumando metros.
Ao finalizar a proba: camiseta, rosquillas, fruta, xelado, arroz, e sorteo de agasallos varios cedidos polos patrocinadores.
Agradecer a Irene, Iago e Álvaro que fixeron ás veces de animadores e reporteiros gráficos.
Saída da proba de 4.000 m (fotografía José Vázquez)
Crónica: Iván Reguera

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *