MEDIA MARATÓN O CARBALLIÑO «FESTA DO PULPO»

 

Santiago Lopez facendo os ultimos metros da proba
Fotografia: Ana Bugarin

Hoxe naceu unha nova media maratón, cun circuíto mixto de asfalto e terra pola beira do rio Arenteiro, con un exixente desnivel. A carreira  disputouse a 3 voltas, que se fixeron mais duras debido as condicións climáticas de frío e choiva.

O vencedor da proba foi  o noso atleta Santiago Lopez  Rodríguez que marcou dende o inicio un ritmo forte que ninguén foi capaz de seguir, parando o crono nun magnifico tempo 1:10:45, inscribindo o seu nome na historia da carreira sendo o primeiro gañador e marcando a primeira marca a superar nas vindeiras edicións. Deste xeito Santiago confirma que empeza a deixar a tras a lesión que o tivo parado 20 dias.

O resto dos nosos que participaron foron Victor Mouriño, Isaias Burlido, Moncho Conde e Paulo Pérez. Parabéns a todos eles

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *