Probas da fin de semana

XIV Media Maratón Gran Bahía Vig-Bay

O domingo 17 de maio, ás  10:30  arranca a XIV Media Maraton Gran Bahía Vig-Bay, unha media maratón que une os concellos de Vigo, Nigrán e Baiona cun percorrido de 21097 metros. O club terá a representación de 15 atletas:

Diego Salgueiriño, José Manuel Salgueiriño, Carlos Santos, Isma Pereira, Felipe Domínguez, César Pérez, Diego Pereiro, Marcos Fernández, Alberto Domínguez, Raúl De La Cruz, Pablo Soto, Manuel Martínez, Carlos Álvarez, Isaías Burlido e David Rollano.

Sorte para todos eles.

Parte da familia do clube Atletismo Porriño, Febrero 2013
Fotografía: Rafa Peréz

Campionato de  España  en Idade Escolar de Campo a Través Cadete e xuvenil

O domingo 17 de maio, celebrase en Ávila o Campionato de España en Idade Escolar Campo a Través Cadete e Xuvenil, onde o club estará representado por Iria Rodriguez Huertas. A nosa atleta non para de competir a nivel nacional, a fin de semana pasada estivo non campionato de España de Pista Cuberta en Valencia, onde a mala sorte en forma de caida, impediulle entrar na final. Nesta proba tamén estará Uxia Peréz do Atletismo Tui-thermalia, sorte ás duas.

 

Iria Rodriguez e Uxia Peréz na milla do concello de Porriño
Fotografía: Arquivo clube

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *