RESULTADOS CARREIRA URBANA

RESULTADOS DA «I CARREIRA FESTAS DO CRISTO 2010»

Velaiquí os resultados das diferentes probas que se celebraron o pasado 1 de outubro de 2010, na «I Carreira Festas do Cristo», en Porriño. Desculpade polo retraso, debido a problemas técnicos co servidor. Ante todo, agradecer a todas ás persoas que fixeron posible esta carreira (Concello de Porriño, voluntarios, atletas e público en xeral).

Nesta primeira edición tomaron a saída un total de 240 participantes, dos que 140 foron cativos e cativas. Un marabilloso circuito urbano, que parece foi do agrado dos atletas, e un formato novedoso con algunhas cousas que quizáis na vindeira edición se poidan modificar (prazo para anotarse, recollida de dorsais, hora de comezo das categorías menores, etc.). Neste sentido, estamos abertos a todas as sugerencias que nos fagades chegar.

Para os que participastes na carreira de 2 quilómetros, e tedes especial interese nos tempos: a distancia que nos sae por plano de catastro e autocad é de 1.006 metros por volta, polo que a distancia real das carreiras popular e federada serían 2.012 metros.

¡Ata o ano que vén!

CLICK PARA DESCARGAR

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *