Santiago López Rodríguez do Atletismo Porriño, campión da Media Maratón de Vilagarcía de Arousa

 

Santiago López Rodríguez, atleta do Club Atletismo Porriño, proclamouse campión da “I Media Maratón Solidaria Zona Aberta 2012” disputada na localidade de Vilagarcía de Arousa o domingo 25 de novembro. Santi realizou practicamente toda a carreira en solitario marcando no crono un estupendo tempo de 1 h:08 min:59 seg. á súa chegada a meta. Subiron ó podio xunto a Santi, Víctor Xosé González Horta e Juan Carlos Casal Pérez do Comesaña Sporting Club e Alejandro Gómez-Arcade que fixeron uns tempos de 1 h:13 min:43 seg. e 1 h:14 min:55 seg. respectivamente.

Alegrámonos moito por Santi, posto que supón un recoñecemento ó seu traballo e esforzo diario. O ten ben merecido. Noraboa Campión!.

Fotografía: Faro de Vigo.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *