VII 10 KM Cidade Universitaria CUVI 2013

O domingo celebrouse a VII 10 KM Cidade Universitaria CUVI 2013 que se disputou no Campus Univeritario de Vigo.

Acudíamos a esta carreira con algunha baixa por mor do calendario da Media Maratón Vig-Bay. Moitxs dxs nosxs atletas, decidiron sair a facer unha tirada larga. Nesta carreira sempre tivemos unha alta participación dxs atletas do club. Desta vez logramos levar a 8 atletas que fixeron un extraordinario papel.

A carreira foi gañada por Robertas Geralavicius (Gimnástica Pontevedra) cun tempo de 31:31 seguido de Akka Essaadaoui (Comesaña) e Elías Domínguez (New Balance). A primeira mullre en cruzar a meta foi Yolanda Gutiérrez Robles (New Balance) cun tempo de 37:52 seguida de Carmen Penas (Comesaña) e Esther Pedrosa (USC).

Pola nosa banda, conseguimos en total colocar a  4 atletas entre os tres primeiros postos nas súas categorías.

Santiago López Rodríguez, que voltaba á competición despóis dun tempo afastado por unha lesión, remataba 9º da clasificación xeral e 3º na súa categoría (veterán A) cun tempo de 34:20.

Posteriormente entraba en liña de meta Marcos Fernández Carrera, 62º na clasificación xeral, cun tempo de 38:56.

Raja Rizki e Sandra Sobreira, conseguiron rematar entre as tres primeiras da categoría promesa fiminina. Remataron 1ª e 3ª da categoría cun tempo de 45:48 e 46:17 respectivamente.

Sandra subiu ó podio a recoller o premio como terceira atleta feminina universitaria en pasar por meta.

 

Sandra Sobreira no centro co premio recibido polo terceiro posto universitaro feminino.

Fotografía: Alumnado da Facultade de CC Sociáis e da Comunicación

Con 47:21 e 47:56 entraban José Ramón Conde e Isaías Burlido pelexando os puntos para os Irmandiños.

Alberto Valverde Otero, que estreábase este ano nas probas populares, remataba con 49:15 a proba.

Por último e rematando a lista de atletas representantes do club, Yolanda Alonso Bargiela, que facía por primeira vez unha participación nunha carreira, foi quen de colocarse 2ª na categoría xunior feminino cun tempo de 50:58.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *