VIII TRIATLON DE RIAZOR 2013

 

Hoxe domingo arrancou a primeira proba do campionato galego de triatlón 2013, a cita foi na Coruña no  VIII Triatlon de Riazor .

A longa distancia fixo que os nosos atletas tiveran que  madrugar, arrancando ás 7:00 da mañá, para poder chegar a tempo para a entrega dos dorsais que comezaba ás 9:00.

Nin o madrugar puido coas ganas de todos eles de percorrer máis de 190km, para meterse a nadar 750 metros na praia de Riazor, famosa polas súas correntes, para posteriormente percorrer 20km en bicicleta e rematar 5km a carreira a pé.

Gran participación na primeira proba que superou os  400 inscritos. Este ano en Galicia temos ganas de triatlón.

O club estivo representado por Fon,Ivan,Pablo Soto,Berto,Sandra, María,Pablo e Isma.


Podio categoría sub-23. Maria e Sandra
Fotografia: Berto Domínguez

Na proba feminina segue a boa racha co posto de María Martínez na categoría absoluta, e na súa categoría sub-23, que só cedeu o primeiro posto á  xoven promesa do triatlón galega Carmen Gómez, que ven de gañar nas series nacionáis disputadas en Madrid a semana pasada.

Tamén subiu ó podio Sandra Sobreira quedando 3ª na sua categoría sub-23, dando unha nova alegría ó club.

Na proba masculina tivemos a Alfonso Conde (26º), Ismael Lago Monroy (43º),Pablo Soto (104º),Alberto Domínguez (115º), Pablo Regueira (153º), Iván Regueira (167º).

Gran volta a competición de Alfonso Conde (26º), na carreira absoluta e 2º na súa categoría sub-23. Si este ano as lesións o permiten o teremos dando guerra no circuito

 

Alfonso Conde 2º na categoría sub-23
Fotografia: Berto Domínguez


A viaxe foi larga e dura pero mereceu a pena. Todxs remataron a proba e xa están pensando na seguinte proba. Parabéns a todos eles.

Agradecementos especiáis a Pablo Soto por conducir o furgón. Así se fai club!.



Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *