XLI TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS 2014

O día sete de decembro tocounos levantarnos cedo a moitos dos atletas que nos íamos desplazar até a vila mariñeira de Cangas. Alí, collimos o autobús que nos agardaba para levarnos ao punto de inicio da proba, XLI Trofeo Pedestrismo concello deCangas, en Aldán.
Tras un paseo pola costa quedaban aínda varias horas de espera, polo que aproveitamos para recoller os dorsais, tomar un café e contar batallas pasadas.Rematada a tertulia deu inicio a carreira.

O percorrido desta carreira e bastante peculiar, posto que ao pouco de empezar un atópase cunha subida un pouco pronunciada. Pasados os primeiros quilómetros, o terreo vólvese favorable até o final da carreira. Neste lugar,un sente non estar invadido polo cansanzo, porque o ánimo da xente e atmosfera mariñeira danos aos atletas unha
inyección de enerxía.
En canto os resultados, o compañeiro José Antonio Burgos foi o mellor clasificado do club atletismo Porriño; por detrás del entraron Diego Pereiro Alonso, José Daniel González, José Isaías López, José Ramón Conde e José Manuel
Domínguez.
En definitiva, unha carreira para repetir, xa que o seu percorrido pola costa galega é fermoso, o compañeirismo dentro e fora do club é do mellor e o tempo case sempre nos da un respiro para poder disfrutar deste tipo de acontecementos.

Crónica: José Daniel González

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *