XXXVII Edición do Cross Escolar Coutada- Beade

O domingo 7 de abril, celebrouse a XXXVII Edición do Cross Escolar Coutada- Beade, nunha mañá que a pesar do mal tempo contou coa participación de 13 atletas do Club Atletismo Porriño.

A carreira comezou coa categoría benxamin feminino onde as nosas atletas Laura Alonso Gonzalez e Noa Burgos Argibay lograron a 3ª e 9ª praza respectivamente.

Na categoría alevín feminina tivemos a participación de Carla Guisande Vieito, que conseguiu rematar 8ª.

E xa na categoría alevin homes, que foi onde tivemos maior representación, Yago Lopez Sousa proclamouse campión da proba, seguido de Pablo Almeida Seoane e Iván Porto Fernández que acadaron a 7ª e 8ª praza respectivamente.

En infantil David Burgos Argibay conseguiu subir o podio en 2º lugar e Nicolas Guisande Vieito rematou a carreira na 8ª posición. En mulleres Zaira Penabella Prado conseguiu a 7º praza.

Os máis cativos do club, non quixeron perderse a carreira e contamos coa participación de Alex Rodriguez Lorenzo e Iker Diz Lopez que fixeron unha magnífica carreira acadando a 4ª e 9ª posición.

Por último comentar que na carreira de Pais e Nais que organizaba o colexio, tamén tivemos participación por parte do noso club, onde en Pais Jose Antonio Burgos Rey gañou a proba, seguido de Aurora Sousa Rodriguez que na carreira de nais rematou 5ª.

 

Representación dxs cativxs do Club Atletismo Porriño.

Fotografía: Aurora Sousa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *