EMBRUNMAN 2015

EMBRUNMAN 2015

Fai meses que algún compañeiro no club, en algún momento de inactividade, tivo unha desas ideas ocurrentes e desnortadas que xurden precisamente por non ter nada que facer. E así, sen máis, lanzou un órdago… facer unha das probas de triatlón de longa distancia máis duras do mundo, o EMBRUNMAN. En menos do que dura un pincho de tortilla nunha obra as 11 da mañan, xa había una lista de atrevidos inconscientes circulando polo grupo…

Foi pasando o tempo e a lista tamén foi collendo forma.  Por diversos motivos, algúns foronse borrando da mesma e outros incorporábanse tan pronto se enteraban do reto, ata que finalmente… 9 altletas do club, aspirantes a finisher, confirmaron a sua participación:

Saida cara a Embrun
Miguel,Víctor,Nacho,Marcos,Michi,Rubén,Gil,Quique e Pablo

 

Quique Moran, Pablo Regueria, Víctor Mouriño, Miguel Gil, Miguel López, Nacho Louriño, Miguel Fdez., Marcos Francés e Rubén Sio.

A partir dese momento, cada un comezou o seu particular, esixente e sacrificado plan de adestramento, onde xa non había excusas e só o sacrificio, o esforzo físico e mental ían facer posible enfrentarse a un reto de esta dureza. Todo ese adestramento ía estreitamente ligado, a cesións e renuncias persoais e familiares no día a día, que non sería posible facer sen a complicidade dos que están ó noso lado. Historias cas que seguro podíase facer outra crónica.

O EMBRUNMAN é unha proba de triatlón de longa distancia, onde os participantes deben completar as longas distancias que o homologan como Iroman; a natación, 3.800 m, para seguir co sector de ciclismo de 188 km (e nesta proba en particular, contar con 5.000 mt de desnivel +), para finalizar percorrendo, nun circuito tamén moi esixente, a distancia dunha maratón, 42,195 km.

A proba celébrase no mes de agosto nun bonito lugar dos altos Alpes Franceses, na rexión da Provenza – Alpes – Costa Azul, que lle da nome a proba, EMBRUN ou a pequena Niza dos Alpes, como tamén se coñece. O pobo está situado no alto dunha zona rocosa, dende onde se contempla todo o val do Durance, dominado a seu redor polas cimas das montañas de Embrunais.

É mércores 12 de agosto e comezamos esta maravillosa aventura deportiva e vital. Coa colaboración desinteresada e xenerosa de Berto Domínguez, que se ofreceu como chófer, saíamos rumbo ó aeroporto de Oporto, onde embarcaríamos con toda a equipaxe, bicis e ilusións con destino a Francia, sendo a primeira escala, Marsella, onde faríamos noite. Antes da cea, tocou ir recoller as furgonetas coas que faríamos a viaxe a Embrun.

Xoves 13; saimos cara a Embrun. Nacho toma o mando da expedición e sae en dirección a Gap. Tíñamos previsto tardar unhas 2 horas e pico en chegar ó destino. Non se sabe que puido pasar (despois de pasarnos algunhas desviacións) pero acabamos tardando o doble e facendo uns cuantos km de máis. Nacho votoulle a culpa ó GPS e a ruta turística non prevista quedou xustificada. O caso, é que chegamos a Embrun máis tarde do esperado e houbo que cambiar algúns dos plans que levábamos pensados. Aínda había que chegar ó hotel, situado a 14 km de Embrun, acomodarnos, e sobre todo, desembalar e montar as bicis…

2015-08-13 19.56.22
Vistas dende o hotel dos Alpes franceses

Embrun estaba cheo de xente, notábase o ambiente festivo e deportivo por todas partes. De feito, hai acontecementos deportivos durante toda a semana. O primeiro foi atopar un supermercado onde comprar comida e bebida (auga eh¡¡), xa que levábamos todo o día rodando sen parar e había ganas de comer algo. Feitas as compras, acercámonos á zoa onde está montada toda a infraestructura do evento; a transición, a meta, carpas da organización e dos patrocinadores, a feira do corredor, todo cerca da zoa do lago onde se fai o sector de natación. Por alí estivemos un rato disfrutando do bo ambiente que se respiraba.

Venres 14; non se madrugou moito, o día estaba bo e cada quen fixo o que máis lle apetecía. Uns sairon en bici pola zoa onde estábamos hospedados e aproveitaron para probar a dureza dos Alpes, outros baixaron directos a Embrun coa intención de rodar en bici e comprobar que todo estaba ben axustado antes de deixala dentro da zona de transición.

O día non pode continuar sin un bo almorzo, así que fomos a Embrun e buscamos onde repoñer forzas e conectarnos para poder conversar cos amigos e familiares, que non era fácil (que problemas có wifi…). Despois cos estómagos cheos sí, xa tocaba  ir a recoller os dorsáis e demais material e documentación para a proba. Coa pulseira que nos identifica como participantes no Embruman, baixamos de novo coa intención de deixar dentro da zoa de transición as bicis.

Para darlle un toque de atención ó corpo e que non se acostumara á calma, aproveitaremos para ir correr polo entorno do lago, onde discurre unha parte da carreira a pé, e tamén para nadar e probar as súas cálidas e tranquilas augas.

O tempo corre, e sobre as 14:00 horas xa estábamos comendo. Cando casi que rematáramos, levantouse un forte vento seguido dunha tormenta de auga que xa non parou ata ben pasada a tarde. E como inda había cousas que facer antes do gran día, consideramos que o mellor era voltar ó hotel máis temprano e deixar todo preparado antes de ir cear: acreditacions, roupa, calzado e toda a comida necesaria para a carreira, sabendo que necesitaremos repasar méis dunha vez todo o preparado.

Con todo organizado, fomos cear (sí… pasta e máis pasta). Sobre as 10 xa estábamos na cama.

A carreira:

Chegou a hora da verdade…¡¡¡ son as 2:30 da mañá e xa empezaron a soar os despertadores, ¡os nervios están a flor de piel!. Menos Gil e Nacho que decidiron almorzar na cafetería do hotel, o resto tíña máis ou menos o seu almorzo preparado na habitación: sándwich de xamón, pavo, nutela, iogures varios, pan de leite, chocolate, frutas… o bufett era abundante.

Sobre as 3:30 horas saimos en dirección Embrun. É noite pechada, fai frío e orvalla un pouco, pero no equipo xa se percibe a tensión. Hai ansiedade por empezar a proba. Chegamos con tempo suficiente para organizar o material de carreira. Isto é como un ritual onde cada quen ten as suas manías e comportamentos máis o menos raros… É curioso, hai quen non fala e encérrase en sí mesmo, hai quen necesita todo o contrario e non para de falar, quen coloca o casco dun xeito, quen pon todo o material con orden milimétrico, e quen o deixa como a quen lle caiu no sitio…, en definitiva o importante é non deixar nada olvidado ou fora de tua zona; si non queres ser sancionado.

Sobre as 5:30…, xa hai que poñer o traxe de neopreno, recoller todo o que sobra e sacalo da zona de transición. Rubén, que o outro lado da barreira xa está facendo fotos e dándo gritos de ánimo, espera para facer de apoio. ¡E chegou a hora da verdade!, son as 6:00 da mañá…

A natación:

Confundidos baixo a luz da lúa, entre 1.300 almas, con traxes de neopreno, gorro e gafas, case todos iguais, encontrámonos preparados para o reto os 8 triatletas do club. Antes, xa cumpríramos co ritual deportivo e amistoso dos abrazos, bicos, ánimos e desexos de boa sorte. Pero a partir dese momento, cada un queda só con suas teimas, medos e seus sonos.

Buscando o mellor sitio, posicionandote alí onde cres que podes facer a túa mellor saída; a máis rápida ou máis lenta, a máis limpa ou mais apretada, tentando non tropezar, sen estorbar… É un momento emocionante, espectacular; noite pechada, ó rededor só se distinguen as sombras das altas montañas que rodean Embrun. Entre gritos de ánimo do público que abarrota a saída, as poucas luces que hai no entorno e os flases das cámaras se reflexan débilmente nas augas do lago e deixan por momentos recoñecer a orilla e as marxes do lago, onde se concentra o numeroso público. As sensacións están a flor de pel, suben as pulsacións, a respiración e a tensión se altera… as ganas de sair son intensas. Ó fondo, os focos das 2 lanchas que guiarán a cabeza da carreira son as únicas luces que se ven reflexadas na escuridade das augas… Ás 6:00 horas, soa o primeiro pistoletazo, saen as mulleres, e 15 min. despoi,s dase a saída ó resto dos participantes.

Ver a saída do sector da natación é un espectáculo sorprendente, emocionante. Vivilo desde dentro é algo difícil de describir. ¡Hai que vivilo…!

 

Video realizado por Rubén Sio

Vaise avanzando relativamente ben, son augas tranquilas e cálidas, dirixíndonos hacía a primeira volta xa empezas a mirar as primerias luces da mañan, sobre as 7:00 horas sae o primeiro triatleta con un tempo de 0:46:11. O primeiro do clube en sair do auga e Victor Mouriño cun tempo de 1:03:49, despois Pablo en 1:06:37, Kique Morán en 1:06:52, Gil en 1:10:17, Francés en 1:14:48, Michi en 1:15:13, Miguel Fdez. en 1:22:33 e Nacho Louriño 1:33:31

A bicicleta:

Nada máis sair da zoa de transición, donde cada un tardou o que boamente puido; con frío, orballando, e co corpo todavía desaxustado, atopaste coa primeira das subidas, rampa do 7 – 8%, así son os primerios 10 km que transcurren por un bucle nos alrededores de Embrun con carreteras estreitas e reviradas. O terminar o bucle volves a pasar por Embrun, e comenzas a rodar por tramos de carreteira nacional e outros de interior. Durante os próximos 70 km haberá que enfrentarse a uns 8 portos, con máis o menos dificultade, cun percorrido nada cómodo o discurrir por zoas con firme irregular e nalguns casos roto e sucio, bastante perigoso. Nesta primeira parte, desgraciadamente, xa se poideron ver varias caidas.

Coas estratéxias de carreira que cada un tiña planificado para os primeiros 80 km, fomos achegándonos o principio do que é un dos emblemas da proba, o porto  do “Izoard”. Verse ahí é increible; impresiona facer esta subida, na que hai que medir moi ben as forzas para non desfallecer. Espectacular o paisaxe, espectacular os aficionados que hai durante o ascenso (lugareños, familiares dos participantes, turistas…) é dificil poder describir o que se sente, pero é verdaderamente emocionante. Cerca da cumbre, en “Casse Desserte” chegas a esa zona espectacular de aspecto luar, que coincide cunha zona de descanso que parece posta ahí para poder apreciar a grandeza de esas montañas a beleza da subida e ese lugar inospito e valeiro de vexetación que a caracteriza. De ahí a cima, sólo un par de km o 8%…

Pouco a pouco fomos chegando a cima e coroando este mítico porto, xa se pode mirar a un lado o monolito do IZOARD donde está grabado o nome e a altitude, 2.360m, ahí é nada…

Primeiro Quique que xa se vai deixando mostras da sua calidade, facendo un sector de bici espectacular. A continuación, Víctor, Marcos, Gil, Pablo e Michi, Miguel e Nacho… O que en principio podía parecer a parte máis dura do sector da bici, da paso a mais dunha sorpresa…

Unha vez arriba, toca cargar forzas no avituallamiento e abrigarse para afrontar un descenso de 20 km por unha espectacular carreteira, revirada e mollada, con precipicios de medo, con tramos rapidísimos que te levan directo a curvas pechadas sin visibilidade, que dadas as condicións añadidas de frío e choiva fan da mesma un descenso difícil e perigoso. Pero inda así e relativamente rápido, chégase a Briançon.

Agora comenza a parte más difícil do sector da bici (os días previos habíamos mantido algunha discusión sobre este parecer, con opinións contrapostas…), aquí si te pasas facendo alardes ou esforzos, pódelo pagar caro. Chegan as subidas a les Vigneaux e o Pallon, que non son suaves, a pesar de que no perfil quedan empequeñecidas polo Izoard, as suas costas e os km acumulados fan que sexan duras de verdad…

Máis sorpresas a medida que nos achegamos o final. Cando xa se pedalea cas pernas cargadas de km…, chegamos o porto do Chalvet, mais ou menos no km 177 de carreira;  ¡non é posible, non podo creélo!, rampas do 7-8% de media, alguhas do 11% ¡que dor de pernas por Dios!. Son 8 km interminables, esa carreteira retorcida, cas típicas curvas (das que tamen temos por aquí) que dan sensación de ser a última do porto, pero nada, saes delas e sigues subindo e subindo, e outra curva… agotador, brutal…

Pero cando culminas o Chalvet, non acaban as sorpresas; toda a baixada que nos leva ata Embrun é muy revirada, cun firme irregular e moi, moi roto, chea de gravilla, e rápida, un descenso moi perigoso. E inevitable pensar que podes cair ou ter un pinchazo, entrache un medo no corpo ¡cando xa queda nada para chegar…!.

Pero ahí estábamos co sector de bici feito, cumprindo con creces os obxetivos. Quique Moran facendo un sector de bici impresionante, entra na transicción no posto 37 da general, cun tempo de 6:44:40; a continuación Marcos Francés en 7:28:21, Víctor Mouriño en 7:32:32, Gil en 7:41:32, Pablo en 8:25:17, Michi en 8:31:37, Miguel en 8:48:05 e Nacho Louriño en 9:18:05. Todos entramos na T2 satisfeitos, sin problemas físicos maiores e por suposto, con ganas de seguir.

A carreria a pé:

Inda que é algo que pode pasar inadvertido, esta maratón córrese a 800 metros de altitude e ten un desnivel positivo de 400 m, casi nada. As costas que ai que superar fanse moi duras e non e difícil ter calambres ou problemas estomacales se non mides ben os esforzos e a alimentación. Mostra da dureza da proba a pe, e que moitos corredores fan unha longa parte do percorrido andando.

Cando saes a correr despois dunha carreira en bici tan dura, sentes o corpo perezoso e pesado, e non é difícil que o primeiro pesamento que lle ven a un a mente son os 42,195 km que quedan por diante, e claro, non é un bo pensamento este para animarte ¡¡¡puf…, rápido!!!,  ten que ser unha decisión fulminante… “deixa de pensar niso e ponte a correr”, “canta, fala solo, recorda a familia, os amigos”, pero de verdad, non penses nos km, e mellor olvidalo e ir pouco a pouco recorrendo o camiño, pensando en calquer outra cousa e deixándote levar po-la cantidade de xente, que te anima polo teu nome o grito de “alé, alé…” e te van animando así durante toda a carreira. E motivante e agradecido ver con que cariño tratan os participantes.

E aquí sí, aquí si que hay que falar do noso compañeiro de viaxe, ¡ah, que maravilloso foi escoitar os teus ánimos, a tua voz…!!! Ruben Sío, que inda que non participou por culpa das malditas lesións, ahí estibo. Despóis de pasar todo o día preocupado e soo, aparecía da nada, a pe de circuito, que digo a pe, abordábanos polo circuito para facer fotos, grabar vídeos, animándonos a todos mentres corría o noso carón. Polo tanto, desde aquí todos queremos darche as gracias.

A maratón foise cubrindo e finalmente tamén a terminamos todos dunha maneira exemplar. Quique Morán cun tempo de 3:21:43, despois chegaría Marcos Francés en 3:42:14, Víctor Mouriño en 4:19:10, Gil en 4:27:22, Miguel en 4:48:27, Michi en 5:04:06, Nacho Louriño en 5:08:35 e Pablo en 5:15:30

 

O primeiro do clube en cruzar a meta foi Quique Morán, e sorprendervos, na sua primeira participación nesta proba, con participantes de todo o mundo e dun nivel considerable, o crack terminou no posto 28 cun tempo total de 11:21:20…  e pouco a pouco fomos chegando a meta o resto; Marcos Francés en 12:42:08, Victor Mouriño en 13:03:22, Miguel Gil en 13:35:15, Pablo en 15:09:03, Michi en 15:10:01, Miguel Fdez. en 15:11:24 e Nacho Louriño en 16:24:28

A nosa aventura chegou o final, quédanos a satisfacción e o placer de saborear a proba como un triunfo persoal que supón cruzar a meta de esta durísima, única e preciosa proba de triatlon de longa distancia, o “EMBRUMAN 2015”

 

E por suposto, tamén vos queremos agradecer a todos o interese e o cariño que nos demostrástedes antes e despóis da proba. E facer una mención especial os nosos amigos Ruben Sio e Berto Dominguez, que ademáis foron os artífices de que estivérades informados durante todo o día, enviando menxasesn de cómo estábamos facendo a carreira; con fotos, vídeos e os tempos o minuto… Moitas gracias Rubén, moitas gracias Berto, vos tamen sodes uns cracks.

Agradecer o club Atletismo Porriño a sua colaboración en todo o que nos fixo falta.

E toda gran aventura acaba con unha boa cena onde se contan as batallas individuais. Preparando a nova aventura do 2016…

 

IMG-20150905-WA0001
Víctor,Marcos,Quique,Gil,Miguel,Pablo,Michi e Nacho

 

Crónica: Marcos Francés

Fotografías e  Vídeo: Rubén Sio

 

 

Share this post