VII TRIATLON DA AMIZADE 2013

VII TRIATLON DA AMIZADE 2013

María e Sandra no podium
Fotografía: Antonia Ozores Rodriguez

Onte disputouse o VII Triatlón da Amizade, a proba mais internacional do calendario, e campionato galego de triatlón cross que se celebra entre as vilas de Goián e Vilanova de Cerveira en Portugal.

As competicións iniciáronse coas probas de categorías menores, onde o club contaba coa participación de dúas triatletas que conseguiron subir o podio. En primeiro lugar, Elsa Pena acadaba a segunda posición na categoría infantil, e minutos depois, Iria Rodríguez conseguía vitoria na súa categoría, o futuro do club ven forte, parabéns ás dúas!
A seguir, comezaba a proba dos maiores con saída na praia fluvial de Goián e chegada o peirao de Vilanova onde recollerían a bicicleta de monte para completar 3 voltas a un circuíto no entorno da Fortaleza de Lovelhe, e despois cruzar a ponte internacional e finalizar a carreira a pé na Fortaleza de Goián.
As condicións do Miño estaban na contra dos triatletas, a hora na que se daba a saída, 13:45, había unha forte corrente que faría do primeiro sector unha loita contra os elementos que se viu reflectida nos tempos de natación. A seguir, no tramo de bicicleta, Jose Luís Castro, un dos nosos heroes do Desafío Cíes, viuse na obriga de abandonar o furar unha roda. Parabens para Alberto Dominguez que dobrou, sábado duatlón no Porriño, Ivan Reguera e David Mariño. Para rematar, unha dura carreira a pé no entorno da Fortaleza de Goián onde os nosos mostraron unha gran capacidades de sufrimento para concluir a competición. E como todo esforzo ten a súa recompensa, a nosa representación feminina, volveu a acadar postos de podio, sendo María Martínez a nova campiona galega de triatlón cross, segunda na xeral feminina do triatlón da amizade, e primeira na categoría SUB23 seguida de Sandra Sobreira segunda no campionato galego e na categoría SUB23, parabéns ás dúas, sen esquecer os rapaces que fixeron o mellor que puideron.

Para rematar, dicir que os campións desta edición do triatlón da Amizade foron a portuguesa Rita Maria Lopes do Amiciclo, e Alexandre Rodríguez do Club Triatlón Morrazo, e o Trofeo da Amizade levouno Portugal despois de catro anos gañando Galicia.

 

Share this post