Author - Club Atletismo Porriño

COTAS ANUAIS 2013 – 2014

Unha  tempada máis o Club Atletimo Porriño, continua na labor iniciada no ano 1998, facendo una aposta polo desenvolvemento tanto físico como persoal das/os nosas/os atletas, incidindo naqueles máis cativos. O noso Club, está estruturado en dúas seccións: Atletismo e Triatlón. Isto permítenos abrir as posibilidades no adestramento; a actividade atlética compleméntase coa natación e bicicleta. Contamos con adestrador Licenciado...

Crónica III Carreira Urbana Festas do Cristo 2012

Fotografía: Rubén Huertas. O pasado venres día 28 de setembro disputouse en O Porriño a III Carreira Urbana das Festas do Cristo con moi boa afluencia de público, tratándose dun día laborable. As carreiras comenzaron ás 18:00 cós máis cativos na categoría de 5 a 7 anos nunha distancia de 100 m., que gañaron Sonia Ribadulla Blanco e Rodrigo...

Comenzo tempada 2012/2013

O vindeiro día 10 de setembro comezamos a tempada de Atletismo e Trialtón/Duatlón 2012/2013. Estamos a traballar na elaboración do programa de adestramentos así como as cotas anuáis. Estade atentos ás novas para as inscricións que colgaremos en breve nesta páxina. Animádevos a pasar un ano connosco!.

Triatlón / Participación no Campionato Galego de Triatlón en Lugo (26/08/2012)

De esquerda a dereita: María Martínez, Sandra e Iago Sobreira e Anxo Sequeiros. Foto: Ana Bugarín. O vindeiro 26 de agosto dispútase o campionato galego de triatlón na cidade de Lugo con participación de triatletas do Club Atletismo Porriño. Xs representantes serán María Martínez e Sandra Sobreira na categoría feminina e Diego Pereiro, Alfonso Conde e Ismael Lago (que...

IRIA RODRÍGUEZ HUERTAS ENTREVISTADA NO FARO DE VIGO

Unha das nosas futuras promesas, Iria Rodríguez Huertas, foi entrevistada polo Faro de Vigo para o seu suplemento "Campeones". Debemos aclarar varios datos erróneos: - O seu apelido non é González, senón Rodríguez. - Non é Porriñesa. É unha Viguesa residente en Tomiño. - Pertence á categoría Infantil de 2º ano en atletismo (non cadete) e a Infantil de 1º...

Fotos Carreira Urbana

Fotos 2013 Fotos de Ana Bugarín *Si algún pai/nai/titor dalgún menor fotografiado quere que retiremos as fotografías, por favor, que nolo faga saber ó mail atletismo(arroba)atletismopor.com. As fotos serían retiradas. O Club Atletismo Porriño, é o responsable de publicar este enlace ás fotos sacadas polo autor.      ...